Hoxe, 16 de outubro, é o DÍA DO PAN e a nai e o pai de Roque de 5º de Infantil, Dani Pampin, da Panadaría AMÁSAME (Pontevedra) trouxeron o seu forno de leña "portátil" e realizou un Obradoiro de Pan con TOOOODOOOO O ALUMNADO DO CENTRO.
Claro está que tivemos que ir por turnos porque non se podía todos á vez! Disfrutamos moitísimo!!
Aprendimos a importancia de facer a masa madre e o tempo que precisa para facela.
Divididos por mesas, botamos fariña para que non se nos pegara a masa ni na mesa ni na mans.
E sempre tendo en conta as alerxias ó gluten para que todos e todas puidésemos disfrutar deste obradoiro.
Unha actividade moi educativa, lúdica e mooooi rica!!!!
O MELLOR DE TODO? Degustar estes boliños de pan preñados ou non recén feitiños coa masa madre e o forno desta familia de panadeiros. GRACIAS SEMPRE!!!
PERDÓN, PERDÓN, PERDÓN!
Debemos aclarar que quizais comelos non é o mellor...
O MELLOR FOI O PROCESO (e a evidencia está na imaxe de abaixo)
Ningún comentario:
Publicar un comentario