No cole esta semana estivemos participando nalgunhas actividades e propostas que xiraban en torno á Paz.
Ademáis dos traballos de aula (cancións, poemas, textos, contos, curtas, confección de murais), colaboramos nunha proposta da Biblioteca de centro, que consistiu en crer un mural conxunto coa figura dunha pomba, que cubrimos con material de refugallo traído da casa. Calquera cousa que fose para tirar ó lixo valía: trozos de tea, prástico, envases e bricks, papel e cartón, envoltorios, tapóns...
No seguinte video podedes ver como quedou o noso mural e os distintos traballos que se levaron a cabo nas aulas.
Ademáis, pedimos ás familias que fixeran as súas recomendacións de películas e libros con temática e valores relacionados coa Paz: respecto, tolerancia, solidariedade, colaboración e axuda, resolución pacífica de confictos....
Fixemos unha recompilación de todas elas e podedes velas premendo en cada unha das seguintes imaxes.
Grazas familias!!
RECOMENDACIÓNS LITERARIAS
RECOMENDACIÓNS CINEMATOGRÁFICAS
Ningún comentario:
Publicar un comentario