domingo, 10 de marzo de 2019

OBRADOIRO DE VERBATECA (Infantil 4 e 5 anos)

Hoxe o alumnado de 4 e 5 anos disfrutaron dun obradoiro organizado polo Concello: VERBATECA.



Neste obradoiro houbo diferentes xogos nos que traballaron aspectos como:

- A memoria
- A observación
- A expresión oral e corporal
- A coordinación
- O achegamento ó vocabulario de diferentes temáticas
- O traballo en equipo
- A identidade cultural e lingüística




Tamén traballaron palabras galegas relacionadas con animais, partes do corpo, profesións, obxetos e natureza.

A medida que conseguían rematar positivamente cada proba, conseguían palabras en galego que formarán o seu tesouro e, desa maneira, ían completando a súa propia verbateca galega.

Para ver máis fotos, pinchade na imaxe inferior.




Ningún comentario:

Publicar un comentario