Páxinas

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

O día 11 de febreiro o alumnado do noso colexio, dende 4º a 6º de EP, participou nun encontro de estudantes no Pazo da Cultura de Pontevedra coa enxeñeira astrofísica da NASA Begoña Vila.

Unha experiencia motivadora que anima ás nenas a loitar e perseverar naquilo que máis lles gusta.

 

martes, 12 de febreiro de 2019

OBRADOIRO SOBRE A AMIZADE EN 6º ED.PRIMARIA

O alumnado de 6º de primaria levou a cabo un obradoiro que xirou arredor dunha pregunta:

QUE É PARA VÓS A AMIZADE?



Non tardaron en erguer as mans para respostar:

                - Quererse
                - Protexerse
                - Rir xuntos
                - Axudarse
                - Respetarse
                - ...

      Estivemos falando sobre o que era a amizade para cada un e sobre cousas que acontecen que poden unir máis os lazos. Por iso, plantexouse outra pregunta en base a unhas imaxes:

PREGUNTA 1: Que son? semellan valentes ou cobardes?

RESPOSTA 1: Son bolas de polvo e son valentes.


PREGUNTA 2: Que é? semella valente ou cobarde?

RESPOSTA 2: É unha muller limpando e semella CON MOITA VALENTÍA! 



PREGUNTA 3: Que son? semellan valentes ou cobardes?

RESPOSTA 3: Son as bolas de polvo de antes pero estabamos errados, son cobardes.

 

E ahí saíu a seguinte pregunta: estados seguros?


Así que foi o momento ideal para ver a seguinte curtametraxe "AMIGOS DE POLVO"




     A partir de ver esta curta, xurdiu unha longa conversa arredor da importancia de ser amigos pese a todo, que o importante é estar sempre unidos e axudarse cando o outro o precisa. Non é importante estar sempre xuntos, a verdadeira amizade é ESTAR SEMPRE AHÍ para cando o precisemos,... Foi moi interesante a temática que mantivo ó alumnado expectante e moi participativo.




E, para finalizar, rematamos con outra curtametraxe que nos fixo ver que, os verdadeiros amigos aparecen...onde menos o agardas: "CUERDAS"



(Confesamos que, esta curta, fixo que a moitos se lles escapara algunha que outra bágoa)















domingo, 10 de febreiro de 2019

Saída ao teatro en Educación Infantil e 1º de primaria.



O mércores pasado o alumnado de E. Infantil e o de 1º de primaria, fixemos unha saída ao teatro de A fundación para asistir ao espectáculo "Burbullas de papel".

A cor e son foron dous recursos fundamentais  dun espectáculo  no que a danza, a música e a expresión corporal foron as grandes protagonistas.






Premede na imaxe de abaixo para ver todas as fotos.



martes, 5 de febreiro de 2019

Día da Paz

Este ano o Día da Paz foi un día diferente no que todo o cole imaxinou un mundo mellor a través das palabras de John Lennon musicadas coa melodía da canción " Imagine".
De seguido cantamos e bailamos todos xuntos  ao ritmo doutra canción dos Beatles: " All you need is love".
A celebración rematou cunha grande aperta entre todo o profesorado e alumnado do CEIP Parada Campañó.