domingo, 30 de setembro de 2018

Primeiros días de cole na aula de 5 anos



Xa pasaron unhas semanas desde que empezou o cole e vos contamos cómo nos foi.
Durante os primeiros días, os adicamos a refacer carteles, tarxetas, paneis, necesarios para o bo desenvolvemento do día a día.

*PREPARAR  AS  TARXETAS  COS  NOSOS NOMES  PARA  OS  CASILLEIROS ONDE GARDAMOS OS NOSOS TRABALLOS DIARIOS.
*PREPARAR TARXETAS COS NOSOS NOMES PARA  AS RUTINAS DE ENCARGADO, PASAR LISTA E REXISTRAR QUEN FALTA.


*PREPARAR  A  NOSA  CARTOLINA  COA  FOTO DE GRUPO PRESENTÁNDONOS

 
 Para confeccionala, despois de escribir os nosos nomes, a decoramos con longas culebras de plastilina, que se converteron en camiños entre os nomes, ó pegalas na cartolina. E xa lista, a pegamos na nosa  porta da clase!







 *DECORAMOS UNHA FOTO DE GRUPO INDIVIDUALMENTE QUE LEVAMOS PARA CASA PARA TER COMO RECORDO.

Tamén comezamos a levar a cabo algunhas tarefas  de papel relacionadas con conceptos e contidos curriculares, que previamente traballamos de variadas maneiras.

*MONTAR  PALABRAS  QUE  NÓS  MESMOS  SUXERIMOS CADA DÍA NO NOSO RECANTO DE "A PALABRA DO DÍA".

Cada día  o  encargado propón esa palabra, coa que facemos diversas actividades e xogos. O primeiro día foi a profe quen a propuxo, pois tiñamos un compañeiro novo e a palabra do día foi o seu nome, ARTHUR.


Unha vez á semana, faremos unha traballo en papel en torno a estas palabras propostas nesa semana.



*REXISTRO DOS LIBROS QUE LEVAMOS PARA CASA EN FIN DE SEMANA PARA LER COAS FAMILIAS- Co fin de ir facéndonos conscientes do título do libro, o número que presenta para localizalo nunha biblioteca, que é o que anotamos, a data en que o facemos. Así mesmo,  ó rematar o curso teremos un rexistro de todos os libros que levamos en todo o curso (que en ocasións repetimos pois hai libros que gustan moito) e tamén unha evolución para as familias, na representación do mesmo: tamaño e representación do trazo, organización do espacio, ademáis de traballar aspectos como a atención, observación e concentración, e autonomía de acción (en función da axuda que precisen e a necesidade de ser guiados nesta actividade máis ou menos: busco o meu libro de rexistro, dou co título e consigo copialo ou escribilo pensando, deixo recollido o libro no seu lugar correspondente e metido o conto na carpeta,....).


*COMEZAMOS A TRABALLAR NO LIBRO DE LÓXICA-MATEMÁTICA, realizando previamente actividades relacionadas coa ficha, ben manipulativas, ben a través de xogos, como neste caso, que a través dunha actividade de tangram feita con María, a mestra de apoio, traballamos con algunhas formas xeométricas, compoñendo diferentes animais con elas.




*ACTIVIDADES RELACIONADAS CO NOSO DICCIONARIO, COÑECENDO ESTES DÍAS COMO SON ALGUNHAS LETRAS, AS VOGAIS, EN MINÚSCULA.

*UN GRUPO UTILIZOU AS TABLETS, NA BIBLIOTECA, MENTRES O OUTRO PARTICIPABA EN ACTIVIDADES DE ROBÓTICA.




*APRENDIMOS UNHA POESÍA, A RAÍZ DE APARECER O PRIMEIRO DÍA DE CLASES UN POSTRE MOI ESPECIAL: UNS GUSANIÑOS FEITOS CON DONUTS, E REGALIZ. Ademáis de desfrutar desta merenda, isto deu pe a aprender unha pequena poesía que días despois recitamos aos nosos compañeiros de 4 anos.






 
E, por suposto, tamén adicamos moitos momentos da xornada a xogar ou de manera libre, escollendo ónde xogar de entre as zonas propostas pola profe, ou ben organizados en distintos recantos, cos nosos compañeiros de mesa, que formarán con nós os equipos cooperativos.






VOS SEGUIREMOS  CONTANDO!!!















Ningún comentario:

Publicar un comentario