Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ rodeados de todas as persoas que queremos e con todos os compañeiros cos que compartimos o día a día dende hai anos. Non sempre nos damos bicos ou nos dicimos que nos queremos, pero este ano quixemos "roubarnos bicos e abrazos" porque o cariño, a complicidade e a amistade son uns dos pilares fundamentais da vida escolar dos nenos e mestres.
Para iso, quixemos deixalo reflexado nun pequeno vídeo cargado de sentimentos de paz. Para velo, PINCHAR NA IMAXE. Agardamos que vos guste.
Tamén formamos o símbolo da Paz humano entre todas e todos e, para rematar, realizamos o
"Baile da Paz" do grupo "Mamá Cabra" co que nos movemos e divertimos un montón!!
Seguro que vos arranca máis dun sorriso!!
Pinchade na imaxe do mural para ver o video.
Ningún comentario:
Publicar un comentario