Na aula, ademáis, tamén fixemos moitas outras cousas. Vos contamos algunas!!
Neses días centrámonos no "medo", contando contos, cantando cancións, falando sobre o que nos da máis medo.
Estos son algúns dos nosos medos:
-LOBOS
-OSOS
-CANS PELIGROSOS
-ZORROS
-MONSTROS
-LEÓNS
-SERPES
-A POLICÍA
-ARAÑAS
-TIBURÓNS
-TIGRES
Tamén imaxinamos a qué lle poderían ter medo todas estas criaturas ás que nós tememos.
E chegamos á conclusión de que...
-OS LOBOS TEÑEN MEDO ÁS SERPES.
-O ZORRO A UN OSO QUE PEGUE UNS BOS MORDISCOS.
-O TIBURÓN A UNHA ENORME BALEA.
-OS MONSTROS, ÁS ARAÑAS, PORQUE PICAN E TEÑEN VENENO E PORQUE OS PODEN ENVOLVER NAS SÚAS TEAS DE ARAÑA.
- O LEÓN ÓS CAZADORES PORQUE TEÑEN RIFLES E O QUEREN MATAR.
-A POLICÍA, AOS LEÓNS, PORQUE TEÑEN ZARPAS E DENTES AFIADOS.
Pensamos con que cor asociamos o medo:
-AZUL, PORQUE ASÍ SE VISTE A POLICÍA.
-BRANCO, PORQUE AS PANTASMAS SON BRANCAS.
-NEGRO, PORQUE ÁS PERSOAS LLES DA MEDO A ESCURIDADE E ISTA É NEGRA.
-MARRÓN, COMO A COR DOS OSOS, QUE ME DAN MEDO, OU COMO OS LEÓNS.
-NEGRO, POR OS VAMPIROS.
Pintamos as nosas "cabazas terroríficas",
Tamén fixemos os nosos "monstros terroríficos", mesturando distintas cores de témpera
a esta "mancha" resultante da mistura, lle puxemos ollos, nariz e boca e tamén brazos con tiras de papel de cores dobladas
e quedaron moi graciosos e monstruosos!!E tamén fixemos algunas pantasmas para decorar o corredoiro, usando pratos de prástico, rotulador e papel hixiénico.
Trouxemos as nosas cabazas decoradas con axuda das familias
e participamos no obradoiro dos "postres terroríficos" do que xa vos falamos, e na festa do "samagosto".
O pasamos moi moi ben!!
Aquí vos deixamos cun pequeno video recitando a modo de poesía una canción que nos gusta moito, a canción dos ESQUELETOS! xunto con algunhas fotos que nos fixemos, estaremos asustados? ou asustando?
Pinchade na foto de debaixo!
Ningún comentario:
Publicar un comentario