venres, 13 de xaneiro de 2017

OBRADOIRO "Aquí pintamos todos...o mural"

     Este ano, como xa sabedes, estamos a traballar arredor do Proxecto anual do centro denominado "Aquí pintamos todos". Polo tanto, entre moitas das actividades que estamos a facer, organizamos un obradoiro para que o alumnado fora partícipe dunha actividade cuio resultado perdurara no tempo. Así que puxémonos en contacto co Concello, presentouse un proxecto coa axuda dunhas "elefantas" amigas e, con brochas, pintura e roupa vella puxémonos mans á obra. 






     Para este traballo contamos coa axuda dos rapaces de Polo Correo do Vento, Quique e Carlos, que colaboraron no deseño e axudaron ó alumnado para que participaran neste proxecto. Como a actividade durou unhas semanas despois de rematar as clases, Quique e Carlos estiveron vindo ó colexio para rematar esta marabillosa transformación do mural.




   Polo que agora o noso patio loce máis alegre e ten moitísima vida!!! Se queredes ver algunhas fotos máis podedes visitar a galería de imaxes do blog o pinchar na foto de abaixo. Agardamos que vos guste.





Ningún comentario:

Publicar un comentario