Nestes días os
nenos e nenas de 4º de infantil estivemos traballando as cores: compartimos cos
demais cal era a nosa cor preferida, enumeramos cousas segundo a cor indicada,
e mesmo levamos a cabo algún experimento co cal descubrimos como obter algunhas
cores.
Ademais, aproveitando o
proxecto de centro decidimos poñernos diante dunha cámara como as verdadeiras
estrelas de cine, e aínda que algún de nós estivo un pouco nervioso o final
todos o fixemos moi ben. Este foi o resultado:
Desexamos que vos guste tanto como a nós!
Ningún comentario:
Publicar un comentario