Amosando publicacións coa etiqueta videoclip. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta videoclip. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de xuño de 2026

VIDEOCLIP FIN DE CICLO DO ALUMNADO DE 6º ED.INFANTIL

RI, CORRE RI, SALTA! | Paco Pakolas | CEIP Plurilingüe de Parada-Campañó

Videoclip oficial de "Ri, corre Ri, salta", canción de Paco Pakolas publicada por Editorial Galaxia, realizado como proxecto de fin de ciclo do alumnado de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Parada-Campañó (Pontevedra) durante o curso 2025-2026.

Este traballo nace da ilusión, da creatividade e do esforzo compartido entre alumnado, profesorado e familias, converténdose nun recordo moi especial para despedir unha etapa chea de aprendizaxes, xogos, descubrimentos e momentos inesquecibles.

Queremos agradecer especialmente a colaboración de Paco Pakolas, que compartiu con nós esta fermosa aventura musical.

Produción: María Fanjul González e familias.
Participan: Alumnado de 6º de Educación Infantil do CEIP Plurilingüe de Parada-Campañó.
Canción: Ri, corre Ri, salta
Artista: Paco Pakolas.
Curso: 2025-2026.

Grazas a todas as persoas que fixeron posible este proxecto e, moi especialmente, ás familias polo seu apoio e implicación.

Un recordo para sempre dunha promoción marabillosa.







mércores, 27 de maio de 2026

O VIDEOCLIP DE UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA


Hai unhas semanas gravamos uns vídeos para a bamda Uxía Molona e a Banda molona, como comentaramos nun artigo anterior neste blog.

Hai uns días recibimos un mail da banda cun vídeo para todos os nenas e as nenas participantes neste proxecto musical que compartimos con vós:

 

A continuación compartimos o resultado final, o deseado VIDEOCLIP do que formamos parte. Moitos colexios participamos e, por iso, os vídeos dos bailes son curtiños pero foi unha ilusión moi grande participar nel!!!







xoves, 12 de marzo de 2026

A GRAVACIÓN DOS VÍDEOS PARA O VIDEOCLIP DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

Hai un tempo vimos esto da banda de música infantil "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA":



Así que puxémonos mans á obra e convertímosnos en INTERMEDIARIOS entre a banda e o alumnado.Pr iso, previamente enviamos a información ás familias para contar coa autorización pertinente e preparamos os accesorios para a cabeza como utilizan os directos os membros da banda.


Desde o colexio gravamos os vídeos dos peques bailando e cantando a canción e, a banda de Uxía Lambona , é a que vai utilizar eses videos, editalos, escoller a parte dos vídeos,...de todos os colexios que lles manden e elaborarán o videoclip con todos eles! 


A nosa parte, que foi a gravación dos vídeos, xa está feita. Hoxe pasámolo xenial bailando "ODESSA", é unha canción súper divertida!


Aquí deixámosvos uns clips dos vídeos nos que bailaron (Cando o videoclip se publique,subiremos estes vídeos na totalidade)






Para rematar, fixemos un último baile todos xuntos! 
FOI XENIAL! 
QUE GANIÑAS DE VER O RESULTADO!