Amosando publicacións coa etiqueta EDNL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta EDNL. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de xuño de 2025

GALEGO: UNHA LINGUA DE CINE. ENSINANZAS DE PELÍCULA

 Este ano levamos a cabo un proxecto anual dende EDLG, dentro do PDI de centro: un ano de ALUCINE. 


Cada curso elixía unha frase significativa dunha película a elixir de forma libre para transmitir valores e ensinazas que quixera transmitir aos demais compañeiros e compañeiras do centro. 

Este foi o marabilloso resultado do traballo realizado. Agardamos que vos guste!




xoves, 5 de xuño de 2025

MES DA LINGUA

 Onte o EDLG do noso centro asistiu a entrega de premios de relato curto en galego, dentro do Programa do Concello Maios, mes da Lingua. Recibimos un lote de libros en agradecemento a difusión e dinamización que se fai da Lingua Galega dende o noso centro escolar. Abofé, que disfrutaremos deles e estarán dispoñibles na nosa biblioteca para que toda a comunidade educativa poida gozar deles.



venres, 30 de maio de 2025

CORRELINGUA 2025 - Un día para falar, cantar e vivir en galego.

      O Correlingua foi unha oportunidade excelente para experimentar a lingua galega como algo vivo, útil e cheo de posibilidades. Así o vivimos onte rodeados doutros cativos e cativas, mozos e mozas de centros escolares e institutos da localidade de Pontevedra. Máis alá das aulas, esta xuntanza converteu o galego na lingua de festa, creatividade e de expresión libre que tamén é, tal e como podedes ver nos vídeos do blog, pasámolo en grande!!!






Para ver máis fotos do álbum, PINCHAR EIQUÍ.

Rematamos a xornada cun pouco de música e moita diversión.



Fala galego e nunca morrerá!! 

venres, 16 de maio de 2025

AS NOSAS CANTAREIRAS E OS NOSOS CANTAREIROS (LETRAS GALEGAS 2025)

        Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega estamos moi agradecidos coa implicación do alumnado e das familias na realización dos vídeos das cantareiras para a conmemoración das Letras Galegas 2025.

        Aquí tendes unha mostra destas verdadeiras obras de arte, que imos gardar como ouro en pano. 

        Esperamos que gocedes moito delas. EDLG.


VÍDEOS


- CANTAREIRAS E CANTAREIROS: Nerea (4 anos) co seu irmá e avó

                  

    


- CANTAREIRA DE RONSEL DE LARA (4 anos)
            
                  

- CANTAREIRA DE BRAIS (1ºEP)

        

- CANTAREIRAS DE JORGE de 5 anos (a súa curmá canta)


- CANTAREIRAS DE 5º EP NO COLE



- CANTAREIROS DE 4 ANOS COA PANDERETEIRA NEREA:


   
 AUDIOS

- CANTAREIRAS das Irmás Costas: Escoitar

- CANTAREIRAS das Irmás Lores: Escoitar

- CANTAREIRAS de Carla e Xoel Peleteiro: Escoitar 1 e Escoitar 2

- CANTAREIRAS de Sabela (4º): Escoitar 1 , Escoitar 2 e Ecoitar 3

- CANTAREIRAS de Valentina: Escoitar 

- CANTAREIRA Mariña 2ºEP: Escoitar