Amosando publicacións coa etiqueta Radio Pirata Campañó. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Radio Pirata Campañó. Amosar todas as publicacións

domingo, 29 de xaneiro de 2017

Pinocho en Campañó!


Desde Venafro (Italia) mandáronnos a Pinocho cunha maleta cargada de productos típicos, desde pasta a unha cafetera, dentro dun dos nosos proxectos Etwinning.

Descubride con nós o que nos trouxo Pinocho e o paseo que se deu por Pontevedra!

Quen é o escritor co que aparece o final do vídeo?

Os nenos de 4 anos fálannos de Gaudí



Carlota, Carla, Iván, Mateo e Pablo, da clase de 4 anos, subiron ata a Radio Pirata Campañó a contar o que foron aprendendo sobre Gaudí neste curso.

Esperamos que vos guste esta poesía tan orixinal!

martes, 24 de xaneiro de 2017

Unha tertulia do alumnado de 5 anos sobre Velázquez

O pasado venres, 19 de xaneiro, os alumnado de 5 anos foi gravar un programa de radio sobre o aprendido durante estes meses na clase sobre Velázquez. A verdade é que foi unha sesión moi amena aínda que a moitos lles invadiu a vergonza por ter os micros diante. Aquí vos deixamos o enlace do programa de radio para que aprendades con eles, polo que subide o volume dos altavoces e a disfrutar!


martes, 29 de novembro de 2016

Entrevista a Karl


Presentámosvos a Karl, o noso auxiliar de conversa!

Chegou o outono á Radio Pirata Campañó!


Manuel e Juan da clase de 4º entrevistan á xefa de estudos, María.

Leire, Carmen e Dani de 5º len poemas sobre o outono e Sabela e Antía de 2º recitan unhas adiviñas.

Esperamos que vos guste!

domingo, 20 de novembro de 2016

luns, 20 de xuño de 2016

Despedida de 6º

Cristina, Uxía, Paula, Soraya, Ismael e Dani son @s nos@s alumn@s de 6º curso e este ano marchan do colexio, viñero á Radio Pirata Campañó a falarnos un pouco do que foi o seu paso pola escola e algunhas das súas lembranzas e experiencias. Esto foi o que nos contaron:

xoves, 16 de xuño de 2016

mércores, 4 de maio de 2016

A escola escoita

Segundo o artigo 12 da Convención sobre os Dereitos do Neno (a) do 20 de novembro de 1989 aprobada polas Nacións Unidas e ratificada por moitos países incluidos España: O neno ten dereito a expresar a súa opinión e a que este se teña en conta nos asuntos que lle afectan. En moitas ocasións esquecemos este dereito, pero non no CEIP de Parada-Campañó, e por eso na Radio Pirata Campañó estreamos un novo programa chamado A Escola Escoita na que o noso alumnado explica algunhas das necesidades e cuestións que se deberían mellorar na escola.

Que todo o mundo estea moi atento ao que nos contan por unha banda Iris e Daniel de 4º de Primaria e Laura e Elena de 5º de Primaria por outra. Eles xunto coa axuda d@s seus/súas compañeir@s elaboraron unha boa lista de cousas que hai que mellorar na escola, escoitade.

xoves, 28 de abril de 2016

Os 4 tolos - Faladoiro de actualidade

Hoxe no programa do clube de radio: "Os 4 tolos", falamos da actualidade que atopamos a diario na prensa. Nesta ocasión tratamos unha nova que recollía La Voz de Galicia sobre o acoso escolar titulada: El 70% de los menores que sufre acoso escolar lo padece a diario. A nova publicábase na prensa este pasado martes 26 e podédela ler íntegramente eiquí. Estas foron as súas opinións.


venres, 22 de abril de 2016

O arco da vella (versión rap) - Manuel María

Aproveitando que este ano o Día das Letras Galegas está adicado a Manuel María, na aula de Audición e Linguaxe, traballamos cos seus poemas e tamén mediante a radio para afianzar a xeneralización dalgúns fonemas cos que tiñamos algunha dificultade ao comezo de curso. Ademais a poesía combinada coa música permítenos traballar moi ben outros aspectos da fala como é a prosodia.

Neste caso David Corredoira da clase de 2º de Primaria recítanos o poema "O arco da vella" nunha versión rap inventada por el. Mirade que ben o fai.


Este vídeo é parte dunha entrevista que fixemos en Radio Pirata Campañó falando sobre a figura de Manuel María, escoitade tamén o que nos contou David.

sábado, 16 de abril de 2016

Os 4 tolos - Boas Novas

Gabriel, Pablo, David e Yoel son nenos de 5º de Primaria que teñen o seu propio programa dentro da Radio Pirata Campañó, chamado "Os 4 tolos".

Nesta ocasión viñeron a contarnos boas novas atopadas na prensa. Semella que cada día é máis difícil atopar novas que falen de cousas positivas e estes catro alumnos do cole viñeron a darnos unha mostra de que si se busca ben, tamén existen as boas novas.


venres, 8 de abril de 2016

8 de abril, "Día Internacional do Pobo Xitano". Entrevista a Mateo, Diego e Jonás

Hoxe 8 de abril é o Día Internacional do Pobo Xitano lévanse a cabo festexos en todo o mundo e tamén nas escolas. Nós non queríamos ser menos e quixemos coñecer un pouco máis a Mateo, Diego e Jonás que chegaron novos ao cole este mesmo ano.

 

Viñeron ata a Radio Pirata Campañó a contarnos un pouquiño da súa vida e aproveitamos para ver o vídeo da campaña que a Fundación do Secretariado Xitano leva a cabo este ano, titulado #TelebasuraNoEsRealidad, no que se denuncian os realities televisivos tipo Palabra de Gitano ou Los Gipsy Kings. Estos programas potencian tópicos e prexuizos que a sociedade ten contra este pobo amable que vive con nós dende fai séculos.

Nós tamén cremos que a telebasura non é a realidade e que a mellor forma de coñecela é achegándonos a ela, porque xa o decía Albert Einstein...



xoves, 25 de febreiro de 2016

Entrevista en Radio Pirata Campañó

Hoxe por fin tocáballe ás rapazas facer o seu primeiro programa de radio, e nesta ocasión tivemos a sorte de poder disfrutar da compañía de Cristina, Paula e Soraya que lle fixeron unha entrevista á nosa Xefa de Estudos e mestra de infantil, María.
Aquí tendes o podcast co resultado, agardamos que vos guste.


mércores, 24 de febreiro de 2016

Día de Rosalía de Castro

Aproveitando que o día 24 de febreiro festéxase en toda Galicia o día de Rosalía de Castro en conmemoración ao seu nacemento, un novo grupo de nenos composto por Dani B., Ismael e Dani C. fixeron un programa de presentación e leron un cacho do poema "Adiós ríos, adiós fontes".
Aquí está o podcast, agardamos que vos guste.


Deixámosvos tamén esta preciosa ilustración da escritora feita por Aurora Cascudo Román

venres, 12 de febreiro de 2016

Xa está aquí "Radio Pirata Campañó"

Hoxe tivemos un novo fito na escola, estreamos a nosa emisora de radio, "Radio Pirata Campañó"! Aproveitamos para conmemorar que mañá día 13 de febreiro, a UNESCO e as Nacións Unidas festexan o Día Mundial da Radio e fixemos un programa de proba durante o recreo.


Cun montón de problemas técnicos pero content@s de poder iniciar esta andaina que levará a voz dos nenos e nenas do CEIP de Parada-Campañó a todos os recunchos do mundo, Pablo, David, Yoel e Gabriel de 5º de Primaria xunto co mestre Javier de Audición e Linguaxe, mantiveron unha pequena charla e puxeron algo de música. Pronto teredes máis novas desta potente ferramenta escolar, polo de agora aquí podedes escoitar as nosas voces.


Premede no botón laranxa e blanco de "Play" para escoitar a nosa emisión.