Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Alucine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto Alucine. Amosar todas as publicacións

venres, 28 de febreiro de 2025

FESTEXAMOS O ENTROIDO CUN VENRES DE ALU-CINE!

    Por fin chegou a semana do entroido e no CEIPP de Parada-Campañó, seguindo co proxecto de centro deste curso académico, quixemos festexalo rendindo homenaxe ao cinema. 

    Guiándonos polos Mandadiños de Rufiño, abrimos o entroido ao xeito pirata. Garfios, parches ou sombreiros acompañáronnos ata a seguinte xornada, na que nos disfrazamos con algo que metera medo. O mércores tocou lucir os nosos poderes especiais caracterizándonos como superheroes e superheroínas, e o xoves convertímonos en personaxes moi graciosas que non paraban de facer desternillarse de risa aos demais.


Para ver as fotos, PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.



    Como colofón final, o venres tocou a festa grande na que tamén nos acompañaron as familias. Un entroido tremendamente divertido no que cada grupo se disfrazou dunha película, desfilamos para amosar ben cada detalle dos nosos atuendos, e disfrutamos dos bailes sorpresa de cada curso! 










Os profes tamén se meteron no papel cinéfilo e pasárono de cine!








Como todos os anos, tivemos a sorte de que a ANPA nos tiña preparada unha deliciosa merenda con doces típicos do Entroido, polo que puidemos recuperar folgos para continuar a vivir esta festa tan especial!


Nos despedimos co pequeniño acto no que felicitábamoslle o aniversario á María, o persoal de limpeza, e que este curso xubílase despois de moitísimos anos formando parte desta gran familia do colexio. Gracias a ela pola súa amabilidade, a súa disposición e o seu traballo día a día. BOTARÉMOLA MOITÍSIMO DE MENOS!!!



 Moitas grazas a todos por facelo posible! Ata a próxima e que viva o entroido! 



PARA VER MÁIS FOTOS DESTE VENRES DE ENTROIDO, PINCHADE NESTE ENLACE

venres, 29 de novembro de 2024

SESIÓNS DE CINE OS VENRES. HOXE O GRINCH (Ciclo de infantil)

 Os venres despois do recreo temos sesión de cine todo o ciclo de infantil. Como se aproximan as datas de Nadal, decidimos ver a película do GRINCH en debuxos animados porque non lles da tanto medo a a algún como a película con persoaxes reais.


Ó ser a película longa e a sesión na Rufiteca corta, dividimos a peli e ver´mola en 2 veces. 
Así ós máis pequenos non se lle fai tan cansado.


Preparamos os nosos botes de gusanitos e...A DISFRUTAR DO CINE!!!


Temos gañas de que chegue o próximo día para ver como remata!!!




Encántanos estar con todos os nosos amigos de infantil disfrutando do cine no cole!




venres, 4 de outubro de 2024

CICLO DE INFANTIL: SESIÓN DE CINE DE OUTUBRO.

 O ciclo de infantil, de 3,4 e 5 anos, disfrutaron dunha das sesións de cine programadas para algúns venres na Rufiteca.dentro do proxecto anual "Un curso de cine".

Todos coas súas entradas preparadas, os vasiños cuns pouquichiños gusanitos e lembrar estar ben setandos e en silencio para disfrutar todos.


Nesta ocasión proxectáronse 3 curtametraxes que lles encantaron e disfrutaron moito. 


QUE VERÁN NA PRÓXIMA OCASIÓN?


xoves, 26 de setembro de 2024

luns, 23 de setembro de 2024

SAÍDA ESCOLAR A FICBUEU (CURTAMETRAXES)

  Tivemos a sorte de acudir a FICBUEU!!! O alumnado de 5ºEI, 6ºEI e os de 1º,2º,3º,4º EP estaba moi emocionado por facer a saída xa nada máis comezar o curso e máis cando está relacionada co proxecto que estamos a traballar.







Dividíronnos en 2 grupos: infantil e primaria. En ambos casos proxectáronnos varias curtametraxes que NOS ENCANTARON!! Cunhas rimos e, con outras, nos emocionamos.

Despois marchamos merendar e recobrar forzas porque despois...



...tiñamos que xogar nun parque xenial con outros nenos doutro colexio que tamén viñera a ver as curtas!!



Pasámolo xenial!!! Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.