Amosando publicacións coa etiqueta Etwinning. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Etwinning. Amosar todas as publicacións

luns, 3 de abril de 2017

Phileas en Campañó!


Desde Riez (Francia) mandáronnos a Phileas cunha maleta cargada de productos típicos, desde xabón de lavanda a ramas de olivo, dentro dun dos nosos proxectos Etwinning.

Descubride con nós o que nos trouxo Phileas e o paseo que se deu por Campañó e por Pontevedra!

Quen é o escritor co que aparece no vídeo?




domingo, 29 de xaneiro de 2017

Pinocho en Campañó!


Desde Venafro (Italia) mandáronnos a Pinocho cunha maleta cargada de productos típicos, desde pasta a unha cafetera, dentro dun dos nosos proxectos Etwinning.

Descubride con nós o que nos trouxo Pinocho e o paseo que se deu por Pontevedra!

Quen é o escritor co que aparece o final do vídeo?

domingo, 11 de decembro de 2016

Etwinning: Teach me a few words in your language

Como sabedes, na escola estamos participando en varios proxectos europeos incluídos dentro da comunidade Etwinning, que consiste nunha iniciativa da Comisión Europea encamiñada a promover o establecemento de ferramentas escolares e o desenrolo de proxectos de colaboración a través de Internet entre varios centros escolares de países europeos sobre calquera tema do ámbito escolar acordado polos participantes.

No proxecto "Teach me a few words in your language" compartimos fotos e vídeos falando en inglés con nenos e nenas de Polonia, Francia, Macedonia, Romanía, Italia, Bulgaria, Lituania, Turquía, Hungría, Alemania, Ucrania e Grecia.

Aprendimos como se din Ola, Adeus, Grazas e outros saúdos básicos en tódolos idiomas que se falan nestes países! Podedes ver todas as postais que recibimos no noso mural