Amosando publicacións coa etiqueta 4ºInfantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 4ºInfantil. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de outubro de 2024

PROXECTO "ALU-CINE": CHARLES CHAPLIN E O CINE MUDO


Entre o venres anterior e hoxe estivemos falando do cine mudo onde non se falaba. As imaxes eran en branco e negro (e gris, como comentaban eles e elas) e estaban acompañadas de música.


Aproveitamos para proxectar a película de "O NENO" / "THE KID" / "EL NIÑO" protagonizada por Charles Chaplin, un actor MOI IMPORTANTE E FAMOSO do cine mudo.

E se nos convertemos en Chaplin nós tamén?

Os encargados repartiron a cara a súa foto en branco/negro (e gris,jeje).





Que máis precisamos? Pois o bombín, o sombreiro mítico desta personaxe! 

Así que, con axuda dos pegamentos, cada un vai poñerse o seu sombreiro.


E tamén levaba un bigote moi espeso e estreito debaixo do nariz!!! 
Así que, con rotulador debuxámosnos o "mostachoo"


E colocamos as nosas fotos na cortiza enriba dos nosos percheiros. Agora falta por escribir o nome de Chaplin e poñelo pero...o próximo día!!


 
Quedaron chulos, verdade?

Eiquí vos deixo o enlace da peli por se a queren volver a ver porque, nalgunhas escenas, rínronse moito!!







martes, 8 de outubro de 2024

RECOÑECEMOS DE XEITO LÚIDICO AS PRIMEIRAS SÍLABAS (5º EI - 4 anos)

  Os de 5º Ed. Infantil comenzamos xa máis "en serio" coa lectura. Agora estamos inciándonos coas sílabas que se forman coa P e estamos aprendendo a entender como vai isto que, semella sinxelo pero... non é tanto!!! Aínda que a profe fixo unha cartilla que nos vai a axudar a avanzar. 

Comezamos coas maiúsculas que as dominamos mellor. Imos ós poucos, sen agobios!

Pouco a pouco imos lendo, primeiro as pompas coas sílabas e, despois, tratamos de ler as palabras coa axuda da mestra. Unhas veces de maneira conxunta na pantalla dixital e, outras, individualmente na mesiña coa mestra.

Pero tamén reforzamos o recoñecemento das sílabas con outro recurso dixital que é o Kahoot. Ese xogo o facemos xuntos porque estamos comezando. 

Primeiro teñen que ver a imaxe, dicir o nome en alto e despois dicir a sílaba pola cal comeza a palabra para logo elexir a resposta correcta: a opción vermella ou azul.

 PERO TRANQUILOS! Se non es capaz, os compañeiros axudan...e moito!!!




Emocionámosnos  moito cando acertamos!!!



É un xogo educativo no que podemos xogar de maneira individual ou de maneira colectiva, como fixemos hoxe, e  participamos da actividade e do xogo co nome de "COELLOS"!!!


Acadamos ser os primeiros!! Soamente tivemos un erro pero creo que imos dominando o tema!

Así o faremos con todas as consoantes e con todas as sílabas que forman, 
 a modo de REFORZO do traballado na aula

Se queredes reforzar e seguir practicando na casa AS SÍLABAS COA "P" con este xogo educativo,
 PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.




luns, 3 de febreiro de 2020

CONCERTO CON FUSIÓN

O LUNS 27  O ALUMNADO DE 3º E 4º CURSO DE E.P. ASISITIRON A UN CONCERTO MOI ESPECIAL, "CONCERTO CON FUSIÓN" NUNHA FUNCIÓN DOS lUNS DO PRINCIPAL, INTERPRETADO POLO GRUPO PISCOLE

RESULTOU UN CONCERTO MOI MARCHOSO E PARTICIPATIVO



venres, 26 de xaneiro de 2018

O CARTEL QUE SINALA O CAMIÑO (Bo Camiño! - 3 anos)

     OS DE 3 ANOS SEGUIMOS INVESTIGANDO. Despois de decatarnos de que nos deixaran unha cuncha debuxada, decidimos que tiñamos que coloreala pero...de que cor? A solución era buscar en internet sobre varias cousas, polo que abrimos o buscador Google e escribimos varias opcións en Imaxes:

- Cuncha: non atopamos nada similar
- Cuncha debuxo: tampouco aparecía un debuxo parecido
- Cor de cuncha: nada
- Cuncha peregrino: SI!!!! APARECEU UNHAS IMAXES IGUALIÑAS!!!



     Xa descubrimos cal é a cor da cuncha: AMARELO. Así que decidimos pintala da mesma cor. Así que, por turnos, fumos pintando entre todos o debuxo. Aquí sedes un exemplo dalgumas colaboracións:







     Despois de deixado secar, recortámola pero, cando nos fixamos no debuxo, a cuncha ten un fondo azul e queremos que sea igual que na foto pero que facemos para conseguir o fondo azul:

- Pintar un papel grande de cor azul
- Pegala nun papel azul.

     Esta última opción era mol boa pero precisábamos un papel grande porque a cuncha era grande así que, marchamos explorar o colexio en busca dun sitio onde colocala. Ata que...atopamos o sitio!!

(A misión durou uns 23 min aproximadamente)




     Agora queda pegala pero, como queremos ter a nosa propia sinal coa cuncha, puxémonos mans á obra. E depois de pasar un rato moi divertido entre pinceis, cartulinas e cunchas: TODOS ELABORAMOS OS NOSOS PROPIOS CARTEIS PARA SINALAR O CAMIÑO A SANTIAGO!





luns, 18 de decembro de 2017

ASÍ NOS DEBUXAMOS NO 1º TRIMESTRE (3 anos)

Unha parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe en 3 anos é o nome e o noso corpo. Neste primeiro trimestre aprendimos as partes do corpo, onde están, cantas hai,...tanto no propio corpo coma no dos compañeiros.

O encargado do día tiña que escribir o seu nome e debuxarse nunha pizarra axudándolle entre todos a que nos se esquecera de nada. Desa forma, todos aprendemos xuntos e adquieren conciencia sobre si mesmos.

Ó finalizar o trimestre, a titora pediulles que, sen axuda, se debuxaran a si mesmos e este é o resultado...(cada trimestre veremos a evolución).



sábado, 16 de decembro de 2017

UNHA MERENDA CON SORPRESA EN 3 ANOS

O martes12 recibimos a visita de Papá Noel no nos colexio. Menuda sorpresa levamos! Non o agardabamos! 

Viñeron á aula de 3 anos a avisarnos e saímos ó corredor para sacarnos unha foto con el e darlle un bico. Regalounos unhas lambetadas e marchamos a clase a continuar coa actividade que estabamos a facer. Pasado un rato, comezamos a merendar na aula cando "petaron" fortemente na porta, sabedes quen eres?, sabedes que pasou?...mellor mirade o vídeo!







venres, 15 de decembro de 2017

APRENDEMOS MOTIVADOS USANDO OS iPADs

Na aula de 3 anos estamos aprendendo moitas cousas novas pero non hai nada que máis lles motive que traballar cos iPads xa que é unha aprendizaxe lúdica.



1º)  Con eles aprendemos nocións espaciais (arriba-abaixo, dentro-fóra, diante-detrás,...), números, letras, formas xeométricas, nocións temporais (antes-despois), etc.




2º) Foméntase o cooperativismo e o traballo en pequeno grupo. Aprenden a respetar o turno, a disfrutar xunto co compañeiro.












3º) Sobre todo saben que deben estar no seu sitio e non berrar, para manter un ambiente relaxado e que todos podamos falar tranquilamente co compañeiro. Hai moitas apps educativas coas que traballamos e que fomentan que desenvolvan destrezas e que aprendan a pensar.







xoves, 2 de novembro de 2017

OBRADOIRO EN INFANTIL: "XOGAMOS A MÉDICOS?"



Hoxe todo o ciclo de Ed.Infantil tivemos un magnífico obradoiro a cargo de 4 nais do alumnado de infantil (3 médicas e 1 enfermeira) titulado "XOGAMOS A MÉDICOS?".


Como eramos moitos, fixemos dous grupos: primeiro os pequenos de 3 anos e, despois, os maiores de 4 e 5 anos. Levouse a cabo no ximnasio do colexio e establecéronse 4 "consultas" especializadas en diversos aspectos ou campos da Medicina.


En cada unha delas, o alumnado podía atopar amplo material manipulable onde puideron meterse no papel de médicos e familiarizarse co material que hai nos hospitais, nas consultas dos seus pediatras, etc. 


A finalidade desde obradoiro é que o alumnado destas idades non teña medo ir ó médico e que se familiarice con todo ese material ou con técnicas que alguna vez vivenciaron ou que quizáis, algún día, poidan ter que experimentar.


Os médicos, os pediatras,...están para axudarnos a ter unha boa saúde, polo que non teñen que chorar nin temer por nada xa que xa saben como se utiliza o fonendoscopio, as vendas, as máscaras de osíxeno,...


Foi un obradoiro moi interesante que espertou o interese de todo o alumnado de infantil. Resultou ser una actividade moi motivadora na que disfrutamos grandes e pequenos.


Queremos agradecerlle ás nais por organizar este obradoiro, o agarimo que amosaron a cada peque e a implicación no proceso de ensino-aprendizaxe dos seus fillos e dos seus compañeiros. 



Se quereres ver todas as fotos do obradoiro, 
PINCHADE AQUÍ.