Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto do centro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto do centro. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de febreiro de 2026

FESTA DE ENTROIDO 2026

O Entroido no noso cole foi unha xornada inesquecible, chea de cor, creatividade e convivencia. Durante os días previos, o alumnado estivo a preparar con moita ilusión distintas manualidades relacionadas co proxecto de centro deste curso, titulado “Mares e Océanos”.



Tamén disfrutamos de obradoiros de cociña facendo filloas en diversas versións así como petronilos deliciosos.





O bo tempo acompañounos e permitiunos gozar ao aire libre dun fermoso desfile de disfraces, no que cada aula presentou as súas creacións inspiradas no mundo mariño: peixes de cores, medusas, mergulladores, tartarugas e mesmo grandes océanos cheos de vida. As familias puideron acompañarnos e compartir este momento tan especial, enchendo o patio de aplausos e sorrisos.












Ademais do desfile, cada grupo preparou un baile, demostrando moito ritmo e entusiasmo sobre o escenario. Foi un orgullo ver o traballo realizado e a implicación de todo o alumnado e profesorado.

Para rematar a festa, nada mellor que repoñer forzas degustando doces típicos do Entroido, como as deliciosas orellas e as tradicionais filloas, que fixeron as delicias de pequenos e maiores. A xornada concluíu cun baile libre no que todos e todas participamos, poñendo o broche final a un día estupendo de celebración e convivencia.

Sen dúbida, un Entroido para lembrar! 🎭🌊

PARA VER MÁIS FOTOS, PINCHADE NESTE ENLACE.

venres, 28 de novembro de 2025

OBRADOIRO FAMILIAR: COLARES DE CUNCHAS (5ºEI)

 Que sorte tivemos de poder escoitar a Teresa, a avoa de Adrián, contoumos historias de cando ela era pequena, cantounos cancións e ata nos ensinou a facer colares con cunchas,  coma os que vendía ela na Illa da Toxa. 



Agardamos que veñas outra vez.







mércores, 26 de novembro de 2025

OBRADOIRO DE FAMILIA: UN CESTO DE PEIXES

 A nai de Lucas, de 5 anos, veu facer un obradoiro en 6º EI en relación co proxecto que estamos traballando no cole de "Mares e Océanos".

Trouxo unha cesta chea de pescados e mariscos para coñecer como son, os seus nomes e as súas carctarísticas.





Aprendemos a desescamar algúns peixes coas ferramentas precisas, a cortarlle aletas,...


...e tamén a quitarlle as tripas que era ASQUEROSIÑO!!! jajaja


Tamén tocamos as sardiñas, os chipiróns, calamares, rapantes, ameixas, berberechos,...


Pero todos estaban dacordo en que lles gustaba comer pescado.




luns, 30 de outubro de 2023

CONSTRUINDO MONUMENTOS

EN 4º ESTAMOS EN PLENA CONSTRUCIÓN. 

Un momentiño na biblioteca un venres de choiva a útlima hora da para moito, concentración e creatividade a partes iguais compartindo tempo en equipo.





domingo, 24 de outubro de 2021

CELEBRAMOS O DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN CUNHAS MERENDAS MOI SAÚDABLES!

 

O pasado 16 de outubro foi o día mundial da Alimentación, e no noso centro, que ademáis estamos inmersos este curso no proxecto "Ponlle sabor á túa vida", sumámonos a esta celebración, almorzando na escola o luns 18 unhas merendas moi saúdables e orixinais.


Os titores fotografiaron todas as merendas e coas imaxes montamos unha exposición na entrada do colexio.




MIRADE QUE ORIXINAIS!!



6º PRIMARIA




5º PRIMARIA




4º PRIMARIA






3º PRIMARIA






2º PRIMARIA






1º PRIMARIA






INFANTIL 5 ANOS







INFANTIL 4 ANOS




Comprobamos que se pode comer rico, saúdable e dun xeito divertido!





xoves, 20 de xuño de 2019

EXIPTO

Este curso que remata o alumnado de 4º de primaria investigou moito sobre o Antigo Exipto, e con esta presentación mostrou a compañeiros e profesorado algunhas das aprendizaxes.