Amosando publicacións coa etiqueta plan dixital. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta plan dixital. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de marzo de 2026

A GRAVACIÓN DOS VÍDEOS PARA O VIDEOCLIP DE "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA"

Hai un tempo vimos esto da banda de música infantil "UXÍA LAMBONA E A BANDA MOLONA":



Así que puxémonos mans á obra e convertímosnos en INTERMEDIARIOS entre a banda e o alumnado.Pr iso, previamente enviamos a información ás familias para contar coa autorización pertinente e preparamos os accesorios para a cabeza como utilizan os directos os membros da banda.


Desde o colexio gravamos os vídeos dos peques bailando e cantando a canción e, a banda de Uxía Lambona , é a que vai utilizar eses videos, editalos, escoller a parte dos vídeos,...de todos os colexios que lles manden e elaborarán o videoclip con todos eles! 


A nosa parte, que foi a gravación dos vídeos, xa está feita. Hoxe pasámolo xenial bailando "ODESSA", é unha canción súper divertida!


Aquí deixámosvos uns clips dos vídeos nos que bailaron (Cando o videoclip se publique,subiremos estes vídeos na totalidade)






Para rematar, fixemos un último baile todos xuntos! 
FOI XENIAL! 
QUE GANIÑAS DE VER O RESULTADO!



martes, 24 de febreiro de 2026

O TANGRAM E A METODOLOXÍA STEAM

 O tangram é un recurso manipulativo moi completo para traballar na etapa de Educación Infantil e reforzar a metodoloxía STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) dun xeito lúdico e motivador.


A través das súas sete pezas xeométricas, as nenas e nenos de 5 anos experimentan coa composición e descomposición de formas, desenvolvendo o pensamento lóxico-matemático (Matemáticas) e explorando conceptos como tamaño, simetría e orientación no espazo (Ciencia). Ao intentar construír figuras, poñen en práctica a resolución de problemas e o razoamento (Enxeñaría), probando diferentes hipóteses ata atopar a solución.

Ademáis, o tangram potencia a creatividade e a expresión artística (Arte), xa que permite crear animais, persoas ou obxectos a partir das mesmas pezas. Se incorporamos retos dixitais ou propostas interactivas, tamén podemos introducir a dimensión tecnolóxica (Tecnoloxía).

En definitiva, o tangram é unha ferramenta sinxela pero moi potente para fomentar a aprendizaxe activa, o pensamento crítico e a autonomía desde idades temperás, integrando as distintas áreas STEAM dun xeito natural e significativo.








luns, 17 de febreiro de 2025

UN GRAN ELENCO NO COLE: ADIVIÑARÁN QUE ACTRIZ OU ACTOR É?

Comeza o xogo de cine. No armario do corredor de abaixo aparecen as fotos do ELENCO dunha gran película de cine onde están moita xente que o alumnado coñece...poderán saber de quen se trata? saberán recoñecer a cada actriz ou actor?

Prestade atención nos recreos e nas saídas a ver se sodes capaces de adiviñar quenes son e que película é a da foto. Se precisades axuda, haberá un código QR que se pode ler coa tablet e así acceder á ficha técnica da película.

A PASALO BEN!



martes, 8 de outubro de 2024

RECOÑECEMOS DE XEITO LÚIDICO AS PRIMEIRAS SÍLABAS (5º EI - 4 anos)

  Os de 5º Ed. Infantil comenzamos xa máis "en serio" coa lectura. Agora estamos inciándonos coas sílabas que se forman coa P e estamos aprendendo a entender como vai isto que, semella sinxelo pero... non é tanto!!! Aínda que a profe fixo unha cartilla que nos vai a axudar a avanzar. 

Comezamos coas maiúsculas que as dominamos mellor. Imos ós poucos, sen agobios!

Pouco a pouco imos lendo, primeiro as pompas coas sílabas e, despois, tratamos de ler as palabras coa axuda da mestra. Unhas veces de maneira conxunta na pantalla dixital e, outras, individualmente na mesiña coa mestra.

Pero tamén reforzamos o recoñecemento das sílabas con outro recurso dixital que é o Kahoot. Ese xogo o facemos xuntos porque estamos comezando. 

Primeiro teñen que ver a imaxe, dicir o nome en alto e despois dicir a sílaba pola cal comeza a palabra para logo elexir a resposta correcta: a opción vermella ou azul.

 PERO TRANQUILOS! Se non es capaz, os compañeiros axudan...e moito!!!




Emocionámosnos  moito cando acertamos!!!



É un xogo educativo no que podemos xogar de maneira individual ou de maneira colectiva, como fixemos hoxe, e  participamos da actividade e do xogo co nome de "COELLOS"!!!


Acadamos ser os primeiros!! Soamente tivemos un erro pero creo que imos dominando o tema!

Así o faremos con todas as consoantes e con todas as sílabas que forman, 
 a modo de REFORZO do traballado na aula

Se queredes reforzar e seguir practicando na casa AS SÍLABAS COA "P" con este xogo educativo,
 PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.