Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Física. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de febreiro de 2025

SESION DE JUDO (4ºEP)

 O venres 21 de febreiro tivemos unha sesión de iniciación ao Judo. Alberto, cinturón negro 3º Dan, que xa viñera o curso pasado, ensinounos uns xogos e algunha inmovilización e chave deste deporte. Pasámolo xenial.











Para ver máis fotos, PINCHAR NO ENLACE.

luns, 11 de novembro de 2024

SESION DE ESGRIMA 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria

 O xoves 24 e o venres 25 de outubro, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. Practicamos as posturas básicas e fixemos uns "combates" con sables de espuma.




PINCHANDO NESTE ENLACE veredes máis fotos das sesións.

martes, 22 de outubro de 2024

BALONMÁN POIO ARTAI (3º,4º,5º, 6º EP)

 O xoves 17 e venres 18 de outubro, un dos adestradores do equipo do Poio Artai, estuvo no colexio para dar unhas sesións de balonmán aos alumnos e alumnas de 3°, 4°, 5° e 6° de Primaria.








PARA VER MÁS FOTOS, PINCHAR EN ESTE ENLACE.

luns, 23 de setembro de 2024

SAÍDA Ó CLUB DE TENIS DE A CAEIRA

 O martes 17 e o xoves 19 de setembro, o alumnado de 3° e 4° de Primaria acudiu ao Clube de Tenis de Pontevedra a presenciar o "Torneo Pontevedra Internacional Junior U14". Alí, ademáis de ver partidos de tenis, practicaron un pouco de tenis en terra batida e pádel.






Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

domingo, 13 de febreiro de 2022

ESCALADA

 DURANTE AS ÚLTIMAS SEMANAS O ALUMNADO DE 1º A 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA PARTICIPOU NUNHA SAÍDA DE ESCALADA NO ROCÓDROMO DA XUNQUEIRA.

ESTA ACTIVIDADE PERTENCE AO LABORATORIO DA INFANCIA ORGANIZADO POLO CONCELLO DE PONTEVEDRA E LEVADO A CABO POR MAREXADA.

NO SEGUINTE VÍDEO PODEREDES VER UN PEQUENO RESUMO NO QUE QUEDA BEN PATENTE TODO O ALTO QUE PODEN CHEGAR AS NENAS E NENOS DO  NOSO COLE.

venres, 19 de febreiro de 2016

Plan Proxecta

Este ano estamos a participar no Plan Proxecta co programa Máis e Mellor Actividade Física (MMAF) que realizaremos durante o curso 2015/16 . Ten como finalidade posibilitar unha acción transversal e común das materias de Ciencias Sociais/Naturais e Educación Física, dentro das Competencias Clave, que incentive hábitos de vida activa e saudable e prevención de enfermidades a través do incremento de actividade física.

Os contidos deste programa serán impartidos de xeito interdisciplinar, coa colaboración dos mestres de 1º curso, que imparten a área de Ciencias Sociais/Naturais, e do mestre de Educación Física.

Premede nesta ligazón para ver todo o que levamos feito xa.