Amosando publicacións coa etiqueta 1ºPrimaria. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta 1ºPrimaria. Amosar todas as publicacións

xoves, 3 de outubro de 2024

OBRADOIRO NO DÍA DO DOCENTE OSTOMIZADO ( 5 de outubro)

 Hoxe o alumnado de 5º de Primaria puido coñecer de 1ª man como é o día a día dun doente ostomizado, as súas necesidades e limitacións e tamén repasar o funcionamento do sistema dixestivo.

Trátase así de dar visibilidade e conmemorar al doente ostomizado no seu día, o 5 de outubro. Foi unha experiencia moi interactiva e enriquecedora.


Moitas grazas ao equipo médico do centro de saúde de Lérez pola súa dedicación e o agarimo co que fixeron todo.

Para ver máis fotos, PINCHAR NO ENLACE.

martes, 16 de outubro de 2018

Unha visita moi especial

O alumnado de primeiro tivo una visita moi especial. Catro agarimosas mulleres dun centro de dia de maiores lles axudaron a facer unha divertida planta "peluda".



Bravo por elas!

mércores, 9 de marzo de 2016

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

O 8 de Marzo celébrase o día da muller. Os nenos e nenas de 1º de Primaria traballamos con un pequeno conto no que a súa protagonista é "SuperLola".

É unha nena que quere ser heroína, para loitar por un mundo mellor no que todos os nenos e nenas poidan ser libres para
facer o que máis lles guste.




Nos estivemos a falar dos nosos personaxes de contos favoritos, e vimos que aínda que uns son chicos e outras son chicas todos teñen as mesmas cualidades: valentes, cariñosos, fortes, alegres, loitadores....



























Aquí tedes o enlace para poder ver o conto de "SUPERLOLA".

mércores, 2 de marzo de 2016

AS VOCES DA AULA 2

Xa temos aquí a segunda entrega de As voces da Aula. Nesta ocasión participan Daniel, Jonatan, Iago, Laura, Paula e Oliver e contannos que lles gustaría ser cando sexan maiores. Esperamos que vos guste! Vémonos na próxima entrega!

xoves, 18 de febreiro de 2016

AS VOCES DA AULA

Chegou a primeira entrega de "As voces da aula"! Os nenos e nenas de primeiro de primaria son os protagonistas desta nova aventura na que nos darán a súa opinión sobre diferentes temas de actualidade.

Nesta primeira entrega Marta, Oliver, Álex, Alejandra, Katia e Crala falan sobre o día dos namorados. Esperamos que vos guste! Vémonos na próxima entrega de "As voces da aula". Recordade que nos podedes propoñer novos temas para preguntarlle aos nenos de 1º.