Amosando publicacións coa etiqueta Ed.infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ed.infantil. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de febreiro de 2026

OBRADOIRO DE INTELIXENCIA EMOCIONAL

 No noso colexio entendemos que educar non é só transmitir coñecementos académicos, senón tamén acompañar o crecemento persoal do alumnado. Tal e como explicou o psicólogo Daniel Goleman, a intelixencia emocional é clave para o benestar e o éxito na vida.

As intelixencias emocionais axúdannos a identificar, comprender e xestionar as nosas propias emocións. Cando un neno ou nena aprende a poñerlle nome ao que sente —alegría, medo, frustración ou ilusión— está dando o primeiro paso para coñecerse mellor e actuar con equilibrio.

Pero a educación emocional non remata en nós mesmos. A través das nosas propias experiencias e vivencias, aprendemos tamén a recoñecer as emocións e sentimentos alleos. Aquí entra en xogo a empatía, esa capacidade de poñerse no lugar do outro, comprender como se sente e actuar con respecto e agarimo.

Fomentar o respecto, a colaboración e o agarimo nas aulas crea un ambiente seguro e positivo onde cada persoa se sente valorada. Cando o alumnado aprende a escoitar, compartir e traballar en equipo, está a construír habilidades sociais fundamentais para o presente e o futuro.

Os de 5 anos estamos levando a cabo sesións semanais disfrutando, coa mestra-alumna de prácticas (Carlota) de actividades de concienciación, onde traballamos o que sentimos para entender o que sinten os demáis.

Hoxe centrámonos nos nenos e nenas ós que lle falta algunha extremidade. Visualizamos primeiro unha curtametraxe sen comentar nada previamente. Observación:

Despois, no ximnasio, comentamos a curtametraxe brevemente e cada un debía escoller se quería debuxar e escribir o e seu nome coa boca ou coa pés.

A maioría preferiu cos pés ...



...pero...


...cos pés, polo visto, cansa moito e prefiren pintar coa boca.








Finalizamos con unha posta en común e, aínda que foi una sesión divertida, comprenderon as dificultades que outras persoas teñen e como lles inflúe noutras aspectos da vida, non só debuxando cos rotulares.

Educar nas emocións é educar para a vida. Porque un colexio que coida as emocións está a formar persoas máis conscientes, solidarias e felices.

mércores, 1 de outubro de 2025

É HORA DE RECOLLER O MILLO! (4 e 5 anos)

 Chegou o momento de ir recoller o millo, así que marchamos á finca dun veciño para recollelo.

Primeiro tiñamos que quitarlle as follas e as barbas para poder sacar a mazorca que gardabamos nos capachos.

Pasámolo xenial todos xuntos!! Disfrutamos aprendendo mentres sumamos experiencias!




luns, 29 de setembro de 2025

IMOS VENDIMAR! (4 e 5 anos)

 O mércores, 24 de setembro, o alumnado de 4 e 5 anos fixeron unha saída pola contorna. É momento da vendima, así que disfrutamos dunha xornada de vendima na finca duns veciños.

Levabamos os nosos cubiños, as tesoiras, os mandilóns para non mancharnos e calzado para andar entre as herbas. 

Había moitos pelegríns que pasaban polo camiño e quedaban abraiados ó vernos. A algunhas uvas non lle chegabamos porque estaban moi altas pero os adultos axudáronnos a baixalas. Tamén había arañas por entre elas pero, aínda que algún berro se escoitou, aprendimos a "pasar delas".

martes, 25 de febreiro de 2025

OBRADOIRO DE FERIDAS TERRORÍFICAS (3 ANOS)

 Hoxe Rufino mandounos traer algo que dera medo, na clase de 3 anos fixemos un obradoiro de feridas terroríficas. Quedaron tan ben que parecían de verdade.




xoves, 20 de febreiro de 2025

BAUTISMO NA NEVE EN CAMPAÑÓ

 A nosa ANPA SAN PEDRO organizou unha viaxe marabillosa á neve onde alumnado e as familias disfrutaron dun deporte de inverno como é esquiar. Tanto adultos como nenos que non sabían esquiar, disfrutaron dun "bautizo" no esquí cos monitores.


O tempo de convivencia e de disfrute foi incrible. Unha moi boa experiencia que recolleron os do xornal DIARIO DE PONTEVEDRA que o publicaron na portada, nin máis nin menos!

Agardamos que se repita ano tras anos e fomenten lazos de amizade e o amor por este deporte. 



xoves, 13 de febreiro de 2025

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL

 O sábado, 15 de febreiro, conmemórase o DIA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL e, o alumnado do ciclo de infantil de 3,4 e 5 anos do CEIPP de Parada-Campañó (Pontevedra), quere enviarlle moitísimos biquiños a todos os nenos e as nenas que padecen cáncer, que loitan contra ese maldito becho e que van botalo fóra coa axuda dos médicos, do amor que lles damos, da familia e dos sorrisos que aparecen nas súas cariñas e que todo o poden!!

Un pequeno vídeo con todo o noso agarimo!

CANCIÓN "Besos redondos" de Conchita, 2015


(Debido a que se grabou nunha semaniña na que moitos estiveron enfermiños, 
algúns non puideron aparecer no vídeo pero...
FAREMOS OUTRO MÁIS ADIANTE!!)

martes, 18 de xuño de 2024

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE INFANTIL: GRANXA ESCOLA KIRIKO

   O venres, 7 de xuño, foi o mellor día!!! O día que estabamos agardando e disfrutamos da excursión de fin de curso na Granxa-Escola Kiriko. Nada máis chegar, sentámonos no cenador exterior. Alí explicáronnos as cousas máis importantes que debiamos saber sobre os animais e o coidado do bosque.


Despois puxemos rumbo ó bosque, adentrándonos entre as árbores. Descubrimos moios obxetos divertidos. Fixemos un alto no camiño, sentámonos nun claro porque nos contaron un conto. 





Despois baixamos polo camiño cara outro bosque e, por alí, atopamos uns burros moi agarimosos. E andando, andando...había un cabalo e unha iegua, cabras, porcos, galos, galiñas, coellos, pavos, pavos reais, cans,...











Entramos nun establo onde había unha vaca "moi mansa". Con ela puidemos aprender a ordeñala e, cada un, foi ordeñando (aínda que saía auga).



Tras toda a aventura, na que tamén paramos para refrescarnos con auga e beber un pouco porque facía moita calor, chegou o momento de ir ó comedor e de comer todo o rico que nos mandaran!!!




Cando rematamos, marchamos ó parque xogar un pouquiño.



Despois do tempo de lecer tocou...FACER GALLETAS!!!!




Despois tivemos un tempo para lecer e merendar mentres as galletas se facían no forno, recollimos todo e puxemos rumbo as nosas casas!!! Tiñamos moito que contar na casa!

Pero hai moitas MÁIS FOTOS da xornada que podedes atopar nos seguintes enlaces:





luns, 17 de febreiro de 2020

OS AV@S DE SARAIVA

O PASADO MARTES , OS PEQUENOS DE INFANTIL, RECIBIMOS NO COLE AOS AVÓS E AVOAS DO CENTRO DE MAIORES DE SARAIVA EN POIO.

ADOLFO, ANTONIO, PURA E PILAR COMPARTIRON CON TODOS NÓS O SEU TEMPO E CONTÁRONOS COMO XOGABAN ELES DE PEQUENIÑOS.


NON TIÑAN CARTOS NAS SÚAS CASAS ASÍ QUE EMPREGABAN A SÚA IMAXINACIÓN PARA XOGAR.
ANTONIO TRANSFORMABA CALCETÍNS VELLOS, ENCHIDOS DE TRAPOS, EN PELOTAS. PURA FACÍA BONECAS CON TRAPOS E PILAR XOGABA ÁS CASIÑAS CON PEDRAS, ANACOS DE PLATOS E HERBAS. ADOLFO NON XOGABA , XA CON 7 ANOS TIÑA QUE TRABALLAR.


DESPOIS DA CONVERSA XOGARON UN RATIÑO CON NÓS, " LANZAMENTO DE SACOS DE AREA"



GRAZAS AVÓS A AVOAS POLO VOSO TEMPO!

sábado, 22 de xuño de 2019

A PROCURA DO TESOURO

Para rematar o curso as profes de infantil prepararon unha Procura do Tesouro.
O tesouro estaba agochado nunha caixa que nós tivemos que atopar axudándonos de pistas. E así foi como o fixemos.
Saímos do patio por grupos (4º,5º e 6º de ed. infantil)

e a primeira pista levounos a...horta escolar


A segunda era unha adiviña que nos levou a... sala de profes


A terceira era un puzle que nos levou a...nosa aula


Despois unha cuarta mandouno andar coma caranguexos ata a sala de psico


Case rematamo, unha quinta, a mais complicada, tivemos que resolvela co abecedario celta


E finalmente...conseguímolo!


O tesouro estaba no despacho de Dirección.


Un bo traballo! Unha boa recompensa!