luns, 20 de outubro de 2025

OS ALUMNOS DE 5º ED.PRIMARIA CONVÉRTENSE EN CIENTÍFICOS E MESTRE POR UN DÍA

Esta semana, os alumnos de 5º de Primaria estiveron traballando nun apaixonante proxecto de investigación sobre as células. Despois de aprender que as células son as unidades básicas de todos os seres vivos, e que dentro delas hai estruturas tan importantes como o núcleo, a membrana celular ou o citoplasma, puxéronse ao choio para crear fantásticas maquetas que representaban tanto células animais como vexetais.

 

Un traballo cheo de cor, detalle e creatividade!

 

Pero o máis bonito chegou despois, os alumnos de de 5º quixeron compartir as súas aprendizaxes cos seus compañeiros de 3º de Primaria. Prepararon pequenas exposicións, explicaron con entusiasmo cada parte da célula e responderon ás curiosas preguntas dos máis pequenos.

 

Foi unha experiencia enriquecedora para todos: os maiores reforzaron os seus coñecementos ensinando, e os pequenos descubriron o fascinante mundo da bioloxía dunha forma divertida e visual.

 

Parabén aos nosos mozos científicos polo seu gran traballo e o seu espírito de colaboración!


MÁIS FOTOS, pinchando neste enlace.





venres, 17 de outubro de 2025

RENATURALÍZATE (3º EP)

 No día de hoxe, venres, 17 de outubro, o alumnado de 3º de Educación Primaria participou nunha charla impartida por unha ambientóloga, co obxectivo de achegar ao alumnado ao proxecto de renaturalización, mellora da biodiversidade e incremento da resiliencia urbana de Pontevedra (RedeVerde Pontevedra), promovido pola Fundación Biodiversidade.

 

Tras a charla, o alumnado elaborou uns murais cunha Carta Verde dirixida ao Concello de Pontevedra, na que recollereron propostas e compromisos para a mellora da contorna de Campañó, en liña cos obxectivos do proxecto RedeVerde.

 

Con esta actividade pretendemos fomentar a conciencia ambiental, a participación activa e o compromiso do alumnado co coidado do medio ambiente local.

 


MÁIS FOTOS, PINCHANDO NESTE ENLACE.




xoves, 16 de outubro de 2025

OBRADOIRO DE ELABORACIÓN DO PAN

Con motivo do DIA DO PAN, unha familia do cole veu ó cole para levar a cabo un obradoiro de elaboración do pan de masa nai. 

Mesturar fariña, auga, fermentar, hornear,...todo iso aprendeu o alumnado de infantil e primaria.

Por turnos, fomos baixando ó patio onde tiñan todo preparado para disfrutar dunha xornada estupenda de aprendizaxes significativos á vez que motivadores.

Para ver todas as fotos, pinchade NESTE ENLACE.



mércores, 1 de outubro de 2025

É HORA DE RECOLLER O MILLO! (4 e 5 anos)

 Chegou o momento de ir recoller o millo, así que marchamos á finca dun veciño para recollelo.

Primeiro tiñamos que quitarlle as follas e as barbas para poder sacar a mazorca que gardabamos nos capachos.

Pasámolo xenial todos xuntos!! Disfrutamos aprendendo mentres sumamos experiencias!




martes, 30 de setembro de 2025

ESGRIMA

 Outro curso máis, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. O martes 30 de setembro, Adrián, explicounos os movementos básicos e fixemos uns "combates" con sables de espuma. Pasámolo xenial!

Máis fotos e vídeos neste enlace.




EMOCIÓN DEPORTIVA: CARREIRA CROSS EN PONTEVEDRA

 O pasado martes 30 de setembro o noso centro participou na proba de cros escolar celebrada en Pontevedra, dentro do programa deportivo Xogade. 

Os nosos alumnos e alumnas de 2.º a 6.º de Primaria gozaron dunha xornada chea de deporte, esforzo e compañeirismo no circuíto da Xunqueira. 


Foi unha experiencia moi positiva, na que todos demostraron ilusión e constancia, animándose uns a outros en cada carreira. 


Ademais, varios dos nosos alumnos lograron clasificarse para a seguinte fase. Estamos moi orgullosos da súa participación e do exemplo de superación que deron. 


Parabén a todos!


Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.


Tamén saímos nos xornais dixitais:



luns, 29 de setembro de 2025

IMOS VENDIMAR! (4 e 5 anos)

 O mércores, 24 de setembro, o alumnado de 4 e 5 anos fixeron unha saída pola contorna. É momento da vendima, así que disfrutamos dunha xornada de vendima na finca duns veciños.

Levabamos os nosos cubiños, as tesoiras, os mandilóns para non mancharnos e calzado para andar entre as herbas. 

Había moitos pelegríns que pasaban polo camiño e quedaban abraiados ó vernos. A algunhas uvas non lle chegabamos porque estaban moi altas pero os adultos axudáronnos a baixalas. Tamén había arañas por entre elas pero, aínda que algún berro se escoitou, aprendimos a "pasar delas".

martes, 16 de setembro de 2025

BALONMÁN POIO ARTAI

 Coma todos os inicios do curso o Clube Poio Artai de Balonmán, achegouse ao noso colexio para dar a coñecer o seu clube e este deporte. Este ano, Aitor e Aroa foron os encargados de ensinarnos os aspectos básicos, como o bote, pase, lanzamentos....rematando cuns partidillos entre nós. 

Podedes ver mási fotos neste enlace.




CAMPIONATO DE TENIS NA CAEIRA (3º E 4º EP)

 O pasado martes 16 de setembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivemos a oportunidade de asistir ao Campionato de Tenis Sub-14 na Caeira.

Foi unha experiencia moi especial, xa que non só puidemos gozar vendo algúns dos partidos do campionato con xogadores novos que nos sorprenderon polo seu nivel e esforzo, senón que ademais participamos en dúas actividades deportivas moi divertidas.

Unha clase de pádel, na que aprendemos nocións básicas, e unha clase de tenis, onde puxemos a proba a nosa coordinación e descubrimos o emocionante que é este deporte 

Sen dúbida foi unha experiencia que lembraremos con moita ilusión!

Para ver todas as fotos, pinchade NESTE ENLACE.


luns, 8 de setembro de 2025

GRAZAS ANPA!

 Queremos comezar este curso cunhas enorme GRAZAS.

As familias do ANPA tiveron un detalle precioso con toda a comunidade educativa: regaláronnos unha axenda a cada un dos alumnos e alumnas de primaria e un mandilón novo ao alumnado de infantil,  para empezar o curso con ilusión e boa organización.

Un pequeno xesto que significa moito, porque detrás hai tempo, esforzo e o desexo de acompañar aos nosos nenos e nenas na súa aprendizaxe día a día.

Grazas por estar sempre aí, por implicarvos e por axudarnos a construír, entre todos, un colexio mellor!