sábado, 25 de novembro de 2017

O DÍA A DÍA NA AULA DE INFANTIL 4 ANOS

Vos queremos contar como é o noso día a día e algunhas cousas que pasaron nestes meses.

Algo fundamental cada día son as rutinas, especialmente as que desenvolve o encargado/a do día.
 Pasar lista, situarnos no día, contarlle aos demais, lendo na tarxeta con pictogramas, o que toca ese día (actividades, especialidades, mestres,..)


Contar ós compañeiros e rexistralo con números no panel correspondente (os que faltan e os que estamos), rexistrar o tempo atmosférico, tachar o día no calendario.....e moitas cousas máis.

Outra das actividades rutinarias que levamos a cabo é ir á biblioteca de centro, que nos primeiros días nos amosou a profe Eugenia, explicándonos o seu funcionamento. E que os xoves nos acompaña e nos axuda a elixir as nosas lecturas.




Na aula tamén temos unha mini biblio para acudir a ela tanto no momento dos recantos, de xeito organizado, como nalgúns momentos libres ou de descanso, cando rematamos de merendar ou unha tarefa.




 Tamén semanalmente recibimos unha sesión de estimulación temperá da linguaxe, con Lorena, que nos ensina moitas maneiras divertidas de mover a boca e a lingua  para articular mellor.
Nesta ocasión, cos minions proxectados na pizarra desfrutamos e traballamos este aspecto. Ademáis de moitas outras actividades e xogos.


Na aula non temos pizarra pero si proxector e podemos levar a cabo moitas propostas, como nesta ocasión que visionando as fotos das normas, as recordamos entre todos e un compañeiro localiza e nomea a algúns compañeiros que aparecen nela.


E cando precisamos traballar na pizarra dixital, acudimos á aula de informática, como cando a profe nos ensina un xogo didáctico que non coñecemos, e o facemos entre todos antes de facelo individualmente nos ordenadores.


Ou levamos a cabo algúns outro xogo, de observación e atención.



Outra actividade semanal que levamos a cabo é a do "diccionario", traballando cunha letra do alfabeto, pensando en palabras que empezan por esa letra, e pegándoas logo no noso libro. Identificando esas letras en poemas e cancións traballados,...




 Cos números e conceptos matemáticos traballamos de continuo, aproveitando calquera situación que se presenta, así como as rutinas do encargado.
Así, aproveitamos para "clasificardns" en dous equipos, nenos e nenas, para resolver  a dúbida de en que grupo éramos máis, rexistralo co número correspondente e así de paso, divertíndonos, fixarnos nos números e darnos conta da súa funcionalidade e utilidade. 






 Pero ademáis traballamos co libro de lóxica-matemática e previamente sempre levamos a cabo actividades manipulativas que nos permitan vivenciar conceptos e entender mellor o que realizaremos no papel.









E diariamente tamén xogamos, de xeito organizado, a veces elixindo recantos libremente coa  única condición dun número de nenos nalgúns recantos como o de casiña, e outras por equipos, nas zonas que marque a profe. A veces libremente, e de xeito simbólico, e outras con pequenos retos que nos marcan en cada recanto (elaborar unha actividade prástica coa plastilina, crear unha casiña para os animais cos bloques, unha garaxe para os coches, construccións de tantas pezas....).













Ademaís nestes meses tamén celebramos os cumpres de: GEMA, JOEL, ARIADNA E ANA







 Vos seguiremos contando!





































xoves, 23 de novembro de 2017

SAMAGOSTO

Dende a aula de 6º de EI (5 anos) traballamos o MEDO, o que nos asusta; pantasmas, bruxas, a escuridade...ademáis puxemos cara de medo...traballamos na casa as nosas cabazas e por fin celebramos O SAMAGOSTO

AS NOSAS TERRORÍFICAS CABAZAS


AS CARAS DE MEDO DE ESTES NENOS 


QUE RETOCADAS QUEDARON ASÍ DE TERRORÍFICAS:



E POR FIN.....A FESTA DO SAMAGOSTO 

Facendo unhas etapas do camiño conseguimos selar os nosos pasaportes, con probas divertidísimas



Rematamos dándolle os nosos medos o MONSTRUO COME MEDOS para que non volvan máis:


sábado, 18 de novembro de 2017

DECIDIMOS AS NORMAS DE AULA EN INFANTIL 4 ANOS

No primeiro mes de clases, despois duns días de interacción, xogo, diálogo,...xurdiu a necesidade de establecer unhas normas de aula, a raíz de diferentes situacións e conflictos que foron xurdindo.
Así, en diferentes asembleas de aula falamos, debatindo qué normas era necesario establecer.
Unha vez decididas e anotadas por Ángela no encerado, dramatizamos estas normas e lles sacamos fotos para poder plasmalas nun mural na clase e recordalas sempre.
Estas foron as normas decididas:


FALAR DE UN EN UN PEDINDO A QUENDA.



ESCOITAR CON ATENCIÓN CANDO ALGUÉN ESTÁ FALANDO.




FALAR BAIXIÑO, SEN DAR BERROS.






LEVARNOS BEN E INTENTAR NON PELEXAR.





RECOLLER O MATERIAL CANDO REMATEMOS DE XOGAR OU TRABALLAR.




SENTARNOS BEN NAS SILLAS.






Impresas as fotos as pegamos nun mural e anotamos a palabras ou palabras clave.



Ademáis confeccionamos un libriño individual das normas, coa foto e copiando as plabras clave, cada un en función do seu ritmo evolutivo.

En vacacións levaremos o libro para casa para recordalas e na aula sempre que xurde algún problemiña acudimos ó noso mural para refrescar un pouco a memoria e recordar cómo temos que estar na aula.





luns, 13 de novembro de 2017

O SAMAÍN EN INFANTIL 4 ANOS

Nas semanas pasadas, con motivo das festas do Samaín e o Magosto, sabedes que estivemos de celebracións e preparativos. Noutras entradas xa víchedes qué ben o pasamos!
Na aula, ademáis, tamén fixemos moitas outras cousas. Vos contamos algunas!!


Neses días centrámonos no "medo", contando contos, cantando cancións, falando sobre o que nos da máis medo.
Estos son algúns dos nosos medos:
-LOBOS
-OSOS
-CANS PELIGROSOS
-ZORROS
-MONSTROS
-LEÓNS
-SERPES
-A POLICÍA
-ARAÑAS
-TIBURÓNS
-TIGRES

Tamén imaxinamos a qué  lle poderían  ter  medo todas estas criaturas  ás  que nós  tememos.
E chegamos á conclusión de que...


-OS LOBOS  TEÑEN  MEDO ÁS  SERPES.
-O ZORRO A  UN  OSO  QUE  PEGUE  UNS  BOS  MORDISCOS.
-O TIBURÓN A  UNHA  ENORME  BALEA.
-OS MONSTROS, ÁS  ARAÑAS, PORQUE PICAN E TEÑEN VENENO E PORQUE OS PODEN ENVOLVER NAS SÚAS TEAS DE ARAÑA.
- O LEÓN ÓS  CAZADORES PORQUE TEÑEN  RIFLES E O QUEREN  MATAR.
-A  POLICÍA, AOS LEÓNS, PORQUE TEÑEN ZARPAS E DENTES AFIADOS.


Pensamos con que cor  asociamos o medo:
-AZUL, PORQUE  ASÍ SE VISTE A POLICÍA.
-BRANCO, PORQUE AS PANTASMAS SON BRANCAS.
-NEGRO, PORQUE ÁS PERSOAS LLES DA MEDO A ESCURIDADE E ISTA É NEGRA.
-MARRÓN, COMO A COR DOS OSOS, QUE ME DAN MEDO, OU COMO OS LEÓNS.
-NEGRO, POR OS VAMPIROS.




Pintamos as nosas "cabazas terroríficas",





Tamén  fixemos os nosos "monstros terroríficos", mesturando distintas cores de témpera



a esta "mancha" resultante da mistura, lle puxemos ollos, nariz e boca e tamén brazos con tiras de papel de cores dobladas




e quedaron moi graciosos e monstruosos!!


E tamén fixemos algunas pantasmas para decorar o corredoiro, usando pratos de prástico, rotulador e papel hixiénico.







Trouxemos as nosas cabazas decoradas con axuda das familias




e participamos no obradoiro dos "postres terroríficos" do que xa vos falamos, e na festa do "samagosto".
O pasamos moi moi ben!!








Aquí vos deixamos cun pequeno video recitando a modo de poesía una canción que nos gusta moito, a canción dos ESQUELETOS! xunto con algunhas fotos que nos fixemos, estaremos asustados? ou asustando?
Pinchade na foto de debaixo!