O pasado día levouse a cabo no noso colexio un simulacro de emerxencia no que participaron membros dos bombeiros e da policía local, co obxectivo de preparar ao alumnado e ao profesorado ante unha posible situación de risco.
A actividade consistiu na simulación dun incendio que, supostamente, se iniciara nunha das aulas do centro. Como parte do protocolo de seguridade, esa clase permaneceu confinada, mentres que o resto do alumnado foi evacuado do edificio de maneira ordenada.
Durante o simulacro, todo o alumnado respondeu de forma exemplar, saíndo das instalacións con total normalidade e tranquilidade, seguindo en todo momento as indicacións do profesorado. O exercicio permitiu comprobar a eficacia dos plans de evacuación e a boa coordinación entre os distintos membros da comunidade educativa.
Pola súa banda, os bombeiros e a policía local supervisaron o desenvolvemento da actividade, ofrecendo tamén explicacións adaptadas á idade do alumnado sobre como actuar en caso de emerxencia e a importancia de manter a calma nestas situacións.
Os máis pequenos tiveron a oportunidade de subirse ó camión de bombeiros que é ENORME!!!
Este tipo de iniciativas resultan fundamentais para garantir a seguridade no ámbito escolar, ao tempo que axudan a concienciar aos máis pequenos sobre a prevención e a resposta ante posibles perigos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario