domingo, 30 de xaneiro de 2022

FELIZ DÍA DA PAZ!!!



Desde o equipo de Biblioteca, e tendo en conta que o noso proxecto anual trata sobre  ALIMENTACIÓN   fíxose a proposta de investigar sobre algunhas das asociacións e grupos de persoas que axudan aos máis desfavorecidos, cos comedores sociais, coa doación de alimentos... e que fan a súa labor na cidade de Pontevedra.

Cada aula investigou sobre unha de elas e plasmou o descuberto en carteis e murais na entrada ao colexio. 

Estas son as asociacións e os traballos.


MENIÑOS


BOA VIDA


CRUZ VERMELLA






COMEDOR SAN FRANCISCO



                                        CALOR E CAFÉ



BANCO DE ALIMENTOS




Ademáis, baixo o lema "SÓ SEN FAME HABERÁ PAZ, ALIMENTA A PAZ", fixemos unha recollida de alimentos para donar a algunhas destas asociacións.
Moitas grazas familias pola vosa colaboración!!




















O alumnado tamén preparou unha canción en lingua de signos, "Soan as campás pola paz", que cantamos e bailamos todos xuntos na hora do recreo.



O alumnado de 4º de primaria  investigou sobre a asociación "Calor e café" e podedes ver o seu traballo no seguinte video.