luns, 22 de marzo de 2021

Música e reciclaxe.

Dende a materia de Música facemos a nosa pequena aportación ao proxecto de centro “A Reciclaxe”. Como podedes ver nos seguintes vídeos, reciclando papeis de xornal, tamén podemos facer música. Pasámolo xenial facendo ritmos, bailes e tocando instrumentos!!!











domingo, 7 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 Para commemorar o Día Internacional da Muller, e facelo de maneira moi ligada ao noso proxecto de centro sobre O medio ambiente, nas aulas investigamos sobre algunhas mulleres comprometidas desde moitas vertientes: ecoloxía, protección da fauna e flora, contaminación e cambio climático.


No seguinte video poderedes enterarvos un pouquiño máis de que mulleres falamos, e das súas biografías tan interesantes.