luns, 20 de outubro de 2025

OS ALUMNOS DE 5º ED.PRIMARIA CONVÉRTENSE EN CIENTÍFICOS E MESTRE POR UN DÍA

Esta semana, os alumnos de 5º de Primaria estiveron traballando nun apaixonante proxecto de investigación sobre as células. Despois de aprender que as células son as unidades básicas de todos os seres vivos, e que dentro delas hai estruturas tan importantes como o núcleo, a membrana celular ou o citoplasma, puxéronse ao choio para crear fantásticas maquetas que representaban tanto células animais como vexetais.

 

Un traballo cheo de cor, detalle e creatividade!

 

Pero o máis bonito chegou despois, os alumnos de de 5º quixeron compartir as súas aprendizaxes cos seus compañeiros de 3º de Primaria. Prepararon pequenas exposicións, explicaron con entusiasmo cada parte da célula e responderon ás curiosas preguntas dos máis pequenos.

 

Foi unha experiencia enriquecedora para todos: os maiores reforzaron os seus coñecementos ensinando, e os pequenos descubriron o fascinante mundo da bioloxía dunha forma divertida e visual.

 

Parabén aos nosos mozos científicos polo seu gran traballo e o seu espírito de colaboración!


MÁIS FOTOS, pinchando neste enlace.





Ningún comentario:

Publicar un comentario