mércores, 21 de xuño de 2017

GRADUACIÓNS DO ALUMNADO DE 6º EI e 6ºEP

     Rematamos o curso escolar 2016-2017 despedíndonos do alumnado de 6º Ed.Primaria. Chegaron ó colexio sendo moi pequerrechos, que apenas eran capaces de subir as escaleiras coas súas pequenas perniñas e, agora, xa medraron e xa están preparados para dar un paso máis nas súas vidas: IR Ó INSTITUTO. Agardamos que non vos esquezades de nós e teñades sempre presente as experiencias que vivíchedes neste colexio que, aínda que a algún se vos rifara algunha vez, os queremos moito.



     Pero, a parte dos maiores, tamén hai outro grupo de sexto, 6º Ed.Infantil, que tamén se gradúa. Aínda que non se van do centro, sí deixan a Ed.Infantil porque xa pasarán a ser do grupo dos "chachis", é dicir, "dos maiores". O curso que ven irán ás clases do andar de arriba, levarán mochila de maiores, "codearanse" cos maiores e xa non utilizarán mandilón!!! Están listos e preparados para dar ese paso. A algunhas lles asusta un pouco (aínda que quizáis máis ás nais,jeje) pero estamos seguros de que será un exitazo. 




     Agora chega o verán, os desexados meses para ir á praia, disfrutar do tempo de lecer coa familia e amigos e para facerse á idea dos cambios. Así que, todas as mestras e mestres do cole desexámosvos un feliz cambio cheo de ilusións. Mil biquiños!

FRIDA KAHLO POR 5º DE ED.PRIMARIA

O alumnado de 5º Ed.Primaria traballaron durante este curso arredor da pintora Frida Kahlo. Foi un proxecto moi bonito no que viaxaron polos anos descubrindo os cadros, a súa vida,...rematando todo la elaboración dunha cuidada y laboriosa exposición nos murais do colexio. Aquí podedes ver mostra de dito traballo. Precioso chicos!









domingo, 18 de xuño de 2017

DÁLLE Á LINGUA 2017 (as nosas gravacións para o programa)

Este curso, como estamos a facer estes últimos anos, participamos no programa "Dálle á lingua" de Onda Cero de Pontevedra. Moitos escoitaches as nosas gravacións a través da radio ou de internet pero, para todos aqueles que volo perdéchedes, aquí vos deixamos o enlace dos programas de radio (neste caso, aparecen todas as gravacións seguidas):


xoves, 15 de xuño de 2017

EXCURSIÓN DE INFANTIL A CAMPOLAMEIRO

Canta ilusión tiñan os peques do cole por ir  ó Parque Arqueolóxico de Campolameiro. Estaban desexando disfrutar da súa excursión de fin de curso. Levaban todo o necesario:

- Camisetas de manga curta deseñadas por eles mesmos
- A súa mochila coa súper merenda especial
-Viseiras
- e moooita alegría nas caras.

A viaxe fíxoselles un pouco longa pero, ó chegar ali, disfrutaron a tope!

Fixeron unha visita guiada polo parque descubrindo os petroglifos e a recreación do poboado e disfrutaron de dous obradoiros: sementar e cerámica onde, este último, foi o que máis éxito tivo porque pintaron coas súas mans e...as caras!! jeje

Pero é mellor velo que que solo conte, así que vos deixamos o enlace ó álbum da excursión pinchando na foto de abaixo!


FESTA DE VOLUNTARIOS DA RUFITECA

Este ano a Rufiteca estivo cargada de moito traballo para catalogar libros novos, arranxar algúns que se estropeaban,...e recibimos a visita de moitísimos nenos do cole. Pero cabe destacar a importancia que tiveron os VOLUNTARIOS e VOLUNTARIAS de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria que axudaron nos recreos en todo momento nos préstamos de libros, axudar a atopar libros, botar unha man ós pequenos lectores, ordeaban as estanterías,... 

     Aínda que agora está pechada a biblioteca debido as vacacións de verán e poder deixar todo en orden, non hai cousa mellor que amosar o noso agradecemento a estes voluntarios que rematar o curso cunha...



     Aínda que na biblioteca non se pode comer, fixemos unha pequena excepción cunha gran merendola, música, baile, xogos cos globos e moita diversión.



     Pero, antes de marchar, agardábanlle outras sorpresas que non imaxinaban: un diploma acreditativo a cada un e uns agasallos como agradecemento o seu traballo e implicación. Agardamos que, o curso que ven, sexan máis!!! (e os de sexto colaboren na biblioteca do seu instituto). 

      Para ver máis fotos deste marabilloso día, pinchade na foto de abaixo.












luns, 5 de xuño de 2017

Emilio no Pontenciencia_17





Emilio, da clase de 2º de Primaria, participou coa súa familia na pasada edición do Pontenciencia, clasificándose en quinto lugar, noraboa!

Hoxe explicounos no cole a súa investigación "Cultivando bacterias" e aprendimos un montón deste científico! Gracias a Emilio e ós seus axudantes!


Ponteciencia_17

sábado, 3 de xuño de 2017

DOCUMENTAL "As Meninas de Velázquez"

Co motivo do noso proxecto "Aquí pintamos todos", o alumnado de 5 anos traballou sobre o mundo da pintura coñecendo diversos artistas, os seus cadros, as técnicas plásticas utilizadas, experimentando novas formas de expresión srtística, etc.

En medio de toda esta aprendizaxe, centráronse no cadro "As Meninas" de Velázquez, descubrindo a técnica, o pintor e cada unha das personaxes que no cadro aparecía:
- Reproduxeron  de forma libre o cadro con cores máis alegres
- Pintaron á infanta coa técnica do puntuado
- Fixeron  monicreques coas personaxes e inventaron diálogos
- Reproduxeron a Velázquez utilizando cartulinas, témperas,...
- Recoñeceron os oficios daquela época e a función das personaxes que traballaban no Pañacio Real
- Comparamos as vestimentas do cadro coa Nosa actual
- Identificamos as personaxes do cadro e puxéronlle as etiquetas cos seis correspondentes nomes.
- Etc.

Foi moi divertido, gustoulles moitísimo o cadro e aprenderos un montón.Proba disto, elaboraron un pequeno documental como punto e final o proxecto deste año que agardamos que vos guste:







xoves, 1 de xuño de 2017

OBRADOIRO DE RCP en infantil

Hoxe, catro nais de 5 anos (Lorena, Ana, Norma e Lidia) levaron a cabo un obradoiro sobre Reanimación Cardio Pulmonar co alumnado de infantil que consistíu no seguinte:

- Parte TEÓRICA na que se explicaron as distintas situación que poderían acontecer, o que debemos facer, como facer a reanimación e familiarizámonos co número de emerxencia 112.



- Parte PRÁCTICA na que levamos a cabo o aprendido coas "pacientes" que estaban no chan.

- Parte PRÁCTICA COS PELUCHES onde cada neno/a levou a cabo a maniobra de reanimación dos seus peluches que, nesta ocasión, cada un/unha trouxo ó colexio. Moi sinxela foi esta actividade gracias á "Canción de la reanimación".





O mellor de todo é que aprenderon moito á vez que o pasaron ben. Estiveron MOI atentos/as e o obradoiro fíxoselles corto. Moitas gracias ás nais polo seu tempo e implicación. Gracias.

Se pinchades abaixo na imaxe, accederedes a máis fotos deste día: