domingo, 8 de marzo de 2026

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

8M, Día Internacional da Muller, é unha data moi especial para lembrar que todas as persoas somos iguais e merecemos as mesmas oportunidades.


Esta celebración ten a súa orixe nas loitas de moitas mulleres valentes que, ao longo da historia, pediron poder estudar, traballar e participar na sociedade nas mesmas condicións ca os homes. Grazas a elas, hoxe vivimos nun mundo máis xusto, aínda que seguimos traballando para que a igualdade sexa real en todos os lugares.

No cole, o 8M é unha oportunidade para falar coas nenas e os nenos sobre o respecto, a amizade e a importancia de compartir xogos, soños e responsabilidades sen diferenzas. Porque non hai cores, profesións nin xogos “de nenas” ou “de nenos”: todo é para todas e todos.

Para iso, traballamos unha poesía que recitamos e lle puxemos un toque audiovisual que agardamos que vos guste:


Tamén elaboramos unhas flores moi especiais creadas coas nosas mans, mans que axudan, que tenden unha man a quen o precisa, que abrazan, que aloumiñan...mans violetas cheas de amor que florecen en todas partes.











 

Celebrar o 8M é aprender a coidarnos, a valorarnos e a construír xuntas e xuntos un mundo mellor, máis igualitario e cheo de oportunidades. 💜

Tamén tedes na biblioteca unhas recomendacións literarias para ler este día e invitámosvos a visitar o blog da Rufiteca pinchando NESTE ENLACE.



Ningún comentario:

Publicar un comentario