luns, 30 de outubro de 2017

OBRADOIRO DE REPOSTERÍA TERRORÍFICA

Hoxe, o alumnado de infantil disfrutou dun obradoiro de Repostería Terrorífica.





Fixéronse grupos mixtos, é dicir, fixéronse grupos duns 15 nenos e nenas aproximadamente e tiñan que ir rotando polos 4 obradoiros organizados en 3 aulas e no comedor:



1ª AULA: obradoiro de dedos de bruxa

2ª AULA: obradoiro de mans de bruxa

3ª AULA: obradoiro de vasoiras de bruxa

4ª AULA: obradoiro de arañas


Cada grupo contou coa colaboración duns monitores moi especiais: 8 monitores de 1º EP e 8 monitores de 3ºEP. Axudaron ó alumnado na elaboración dos postres, así como cambialos de aula para realizar a seguinte tarefa.





Ó rematar, fixemos un pequeno descanso na Rufiteca onde a nai de Mauro, de 4 anos, contoulles a historia de "A BRUXA REGAÑADIENTES", con motivo da celebración do Samaín.





Despois saíron ó recreo onde les agardaba a tan desexada repostería terrorífica que non lles producíu miedo ningún xa que, de todo o elaborado, so quedaron as migas!!!!!! Foron auténticos devoradores de arañas, vasoiras, dedos e mans de bruxas!!!!

Para ver mais fotos da galería, PINCHADE NA FOTO DE ABAIXO.



venres, 27 de outubro de 2017

OS DE 3 ANOS TRABALLAN NA AULA INFORMÁTICA




O alumnado de 3 anos empezaron  as súas actividades coas TICs e xa se converteron nuns expertos. Como somos moitos, turnámonos semanalmente onde combinamos o traballo cos iPads na aula, co traballo na aula de informática.





 En informática estamos xogando na páxina BUHO BOO onde precisamos utilizar o teclado, mover o rato ou aprendendo a facer doble click (que esta parte se traballará máis avanzado o curso)







Mentras se familiarizan con todos os elementos da aula, adquiren conceptos e aprenden a compartir, agardar turno e a pensar.

                                 

domingo, 22 de outubro de 2017

Actividade artística por equipos en Infantil 4 anos

Nas primeiras semanas participamos nunha actividade prástica que consistiu en que organizados en catro equipos, e contando cada equipo cunha cor de témpera, un pincel para cada un de nós e un trozo de papel branco, comezamos pintando o que quixéramos.


Uns con pintura verde






Outros con  pintura  laranxa




Outros con pintura morada




E vermella





Transcurridos uns minutos tiñamos que rotar e ir pintar a outro equipo, coa nosa mesma pintura, coa consigna de non pintar sobre o que xa estaba pintado, respetando as produccións dos compañeiros.
E ós outros tres minutos, volviámos cambiar a outro mural no que todavía non pintáramos.
Foi moi divertido e a verdade é que estivemos todos superconcentrados e relaxados.









Seguimos moi moi ben a instrucción clara de respetar as demaís produccións e realmente logramos crear uns cadros moi armónicos e creativos.





Durante un tempo os tivemos expostos na aula e nunha sesión "xogamos a pensar" cun deles, actividade que vos contaremos máis adiante. E os demáis os expuxemos no corcho do corredoiro a modo "expositivo" e como presentación do noso grupo, pois neles incluimos fotos nosas co noso corpo debuxado.

Facemos a nosa bandexa das merendas- Infantil 4 anos



Nas primeiras semanas de curso, ademáis de coñecer a nova aula, os novos recantos e materiais, fomos creando algúns nós mesmos, como é o caso das nosas bandexas para a hora da merenda.


Así, aproveitando follas de árbores que caíron agora no outono, pintamos estas follas con témpera de cores para logo estampar a súa pegada nunha cartolina.





Unha vez que as pegadas secaron, terminamos de decorar a nosa bandexa con gomets, coa única consigna de non pegalos por riba de onde estampáramos. Ademáis de escribir o noso nome e pegar a nosa fotografía.


 
E por último, só faltaba colocalas nun prástico e pasalas pola "plastificadora", unha máquina que as volvería duras.

Quedamos abraiados ó ver cómo entraban polo oco sendo brandiñas e saían sendo duras.







Agora cada día o encargado reparte as bandexas na hora da merenda e así contribuimos a ter un pouco máis limpas as mesas!

domingo, 1 de outubro de 2017

FOTO DE GRUPO DE 4 ANOS!



Xa levamos unhas semanas de clases e vos queremos presentar a nosa foto de grupo, pois este curso somos 19, temos un novo compañeiro!














  
 Tamén vos deixamos algunhas imaxes dos primeiros días de clases.


    Nos distintos recantos e zonas de xogo.









    
  
     Firmando a nosa foto de grupo para a porta de clase.




   


   
    E os nosos debuxos de nós mesmos para acompañar á foto de grupo.







  


    Pintando algúns dos paneis das rutinas.










    


    Saúdos!