xoves, 31 de xaneiro de 2019

Novo blogue en Campañó

O equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) quere dar as gracias a todas as nenas e a todos os nenos que participaron na busca dun nome para o noso blogue.



E o nome elexido foi....

VAMOS CAMPAÑÓ!

venres, 11 de xaneiro de 2019

Visita de Saraiva en Infantil - 4 e 5 anos



Na última semana de decembro visitáronnos algúns membros de Saraiva: dúas usuarias, Aquilina e Pura, xunto cunha traballadora do centro, Tamara.

Pasamos un rato moi agradable falando con elas, escoitándoas e decorando unhas árbores de Nadal en papel que trouxeron para nós.

Ademáis cantamos todos xuntos e abrimos agasallos que nos trouxeron.

Para poder ver todas as fotos da sesión en infantil 4 anos pinchade na seguinte foto






e na seguinte para ver as de Infantil 5 anos




Pasámolo xenial!!