venres, 23 de marzo de 2018

Máis cousas do camiño na aula de 4 anos!



Vos contamos cómo nos foi no último mes co proxecto do Camiño de Santiago.
Os pais dun compañeiro viñeran no mes de xaneiro a contarnos algunhas cousas do seu "camiño", que viviron hai uns anos. E nós, na aula, resumimos a súa visita, a través de fotos e texto, nun pequeno mural con forma  de vieira.



Unhas semanas despois, ademáis, viñeron traernos un agasallo moi especial: dúas capas de peregrino!! que a nai de Alejandro coseu para nós, para o noso recanto de disfraces.


Moitas gracias Sheila! Nos encantaron e as usamos moitísimo no recanto da casiña, cando facemos xogo simbólico.


Tamén nos deixaron algún material significativo e interesante: as cunchas que levaban colgadas, as credenciais, a compostelá, cabazas secas, unha pulseira..

Ademáis dun buho peregrino, para que coide moi ben de todo o material.

Continuamos a responder ás preguntas e plasmalas no mural así como outras curiosidades

E a completar o noso dossier individual do camiño, con todas estas cuestións.

Aquí temos que facernos con seis palabras dos animais do camiño

Para   logo  pegalas  na foto correspondente, fixándonos no son e grafía polos que empezan.



















Ademáis, levamos a cabo diversas actividades do camiño utilizando outras linguaxes:

Matemática- contando, relacionando, orientándonos, programando


Unha das actividades de robótica, consistiu en axudar a bee-bot a percorrer o camiño desde O Cebreiro a Santiago, como fixeran os pais de Alejandro.


Para levalo a cabo, primeiro observamos o percorrido, e axudándonos da cuadrícula para poder contar os pasos, entre todos dimos sacado as distintas accións que tiñamos que facer e as teclas que había que premer, anotándoas nun folio, para que bee-bot se movese na dirección correcta.

No folio tamén pintamos  os cadrados polos que transcorría o percorrido; isto nos fixo máis doado entender os  pasos que debía dar.

E cando tiñamos completa a folla, facíamos unha "lectura" ou decodificación individual e premíamos en beebot as distintas accións: tres pasos para adiante,
xira á dereita, un paso para adiante, xira  á esquerda......







Corporal- Nunha sesión que levamos a cabo con teas, coas que experimentamos de diversas maneiras, coas que xogamos, bailamos,...que situamos no noso corpo





fomos xuntando as nosas teas, para dar formado un longo camiño, que atravesamos de distintos xeitos, xogando a ser diferentes persoaxes.





Artística- A partir dunhas estampacións libres que fixemos con témpera e tapóns de corcho
 Nelas, trazamos camiños, lungos, curtos, anchos, estreitos, de distintas cores, imaxinando qué podían representar as manchas estampadas, e poñéndolle un título, cada un á súa creación.
Pedimos axuda ós compañeiros de 5 anos para que  viñeran elixir, cada un, unha obra de entre todas que lle gustara moito.
Cada obra estaba marcada cun número, do 1 ó 19, que é o total de nenos da aula.

E despois de elixir cada neno/a a súa, o rexistraban nun listado cun gomet ó lado do número que elixiron.

Vos preguntaredes para qué fixemos esta votación! Pois porque a obra que saíra elixida, a utilizaríamos  para "xogar a pensar", no terceiro trimestre. 

E a lámina elixida foi a  de Pablo
 
 
Xa vos contaremos cántas cousas interesantes saen dela.

Noutra sesión, rematamos as nosas composicións engadíndolles distinas formas troqueladas: casas, bolboretas, flores....
E así de coloridas nos quedaron!! Premede na foto para ver todas as composicións.

https://www.recursoseducativos.net/software/revistas/index.php?alto=100&revista=FACEMOSCAMINHO







xoves, 22 de marzo de 2018

Iniciándonos no reciclado de lixo- Infantil 4 anos



Na aula de 4 anos estivemos inmersos durante un par de semanas na confección dun "punto de reciclado de lixo" dentro da aula, para contribuir á nosa maneira, a coidar o noso planeta.
 
Para elo, previamente adicamos unhas sesións a ver algúns videos e imaxes que nos falaban e retrataban   esta realidade. Levamos a cabo diálogos, que nos fixeron pensar na posibilidade de colaborar  nós tamén, tanto en casa, con algunhas accións, como na escola, e concretamente na aula, iniciándonos no refugallo de envases e envoltorios que diariamente tirabamos á basura, na hora da merenda, e que agora "separamos".

Éste  é  o  recuncho da aula adicado a "separar". Pero vos contamos cómo foi o proceso.


Inicialmente  visionamos uns videos como o seguinte. Aquí descubrimos as "tres erres: reducir, reutilizar, reciclar", así como algunhas accións importantes.




Así como os consello de Thelma, en videos como éste:



Cando Ángela nos preguntou se queríamos  poñer un punto de recliclado na aula, a todos nos gustou a idea!!
Había que buscar caixas que fixeran de contenedores e pintalas das cores correspondentes, que vimos en máis videos e en moitas fotografías.

Pintamos unha de azul para o papel e o cartón e outra de amarelo para o prástico e os bricks.



Nalgunhas sesións xogamos a colocar no envase correspondente, sacando dunha enorme bolsa, distintos envases, cos ollos pechados, a ver cal nos tocaba.
Agora, cada día, na merenda, e cando recollemos despois de traballar, nos fixamos, para ver ónde tirar cada cousa: os  papeliños que nos sobran cando recortamos, as mondas da froita, os bricks de zume, as palliñas, .....
Aínda nos custa  un pouco e non sempre acertamos á primeira pero isto é  práctica, e cada día practicamos e moito!!
Ademáis elaboramos un pequeno libriño, coa letra dunha canción que aprendimos, "Rap de la basura"
e cos distintos contenedores de refugallo, que estamos habituados a ver nas rúas.



Tamén recortamos en revistas, distintos alimentos, para pegar nos contenedores, según o tipo de envase: prástico ou cartón.





E como remate da tarefa, confeccionamos unhas pequenas caixiñas, ás que lles pegamos un imán, para  poder pegar no frigorífico de casa, e na que pegamos os tres contenedores, para telas nas casas 
sempre á vista e non olvidarnos.






É divertido isto de separar, e non custa nada!!


domingo, 18 de marzo de 2018

INICIÁNDOSE NA ROBÓTICA (Alumnado de 3 anos)

Os peques do cole iniciáronse no mundo da Robótica xunto a unha abelliña moi pequeniña chamada Beebot. Esta abelliña, o ser tan pequerrechiña, temos que axudarlle e, por iso, ten uns botonciños para guiala polo camiño correcto. 

Como somos moitos, aproveitamos os desdobles que facemos e, mentres un grupo está traballando no proxecto da ARTE, outro grupo está no obradoiro de Robótica no que reforzamos:

- Agardar turno
- Animar e axudar ós compañeiros.
- Alegrarse polos éxitos dos demáis.
- Representación espacial (neste primeiro momento: cara diante)
- Contamos 1-2-3-4
- Lembrar o código e dar unha orde.

A continuación podedes ver como foi a primeira toma de contacto do alumnado de 3 anos neste mundo tan atractivo e motivador:



sábado, 17 de marzo de 2018

SAINT PATRICK & THE LEPRECHAUNS

O 17 de marzo celébrase en Irlanda "Saint Patrick", celebración que se extende por moitos lugares, entre eles, Pontevedra.


 Con motivo de que se celebre preto de onde vivimos e de non coñecer a orixe nin a "existencia" dos Leprechauns, celebramos no colexio 3 obradoiros a cargo de Dara Angle, irlandesa e Directora da Escola de inglés "Lingüish", en Pontevedra. 


Dara contounos na súa lingua natal, o inglés (e algo en galego/castelán),a orixe esta celebración pero, o que máis nos gustou e nos divertiu foron os xogos que se levaron a cabo despois do contacontos onde, un Leprechaun en persoa, agasallounos coas moedas de chocolate que tiña na súa olla.




Para ver máis fotos, PINCHAR EIQUÍ, e, se querelles saber máis sobre a historia desta celebración, deixámosvos unha pequena película:






venres, 9 de marzo de 2018

Curtametraxe "Tamara"- Infantil 4 anos


En semanas anteriores estivemos traballando cunha curtometraxe moi especial: "Tamara". Na que á protagonista, unha nena xordomuda, encántalle bailar, e o fai moi moi ben, a pesar de non escoitar a música.



Despois de visualizalo, levamos a cabo unhas sesións de "diálogo" sobre o que observamos, a nivel descriptivo, para pasar a "xogar a pensar" para  profundizar en aspectos como o feito de que a nena a pesar de non escoitar, poida bailar, os seus soños, a mirada tenra da súa nai...verbalizando as emocións que xurden destes diálogos e razoando as súas respostas.

Bailamos, igual que Tamara, que bailaba co seu osiño


Bailamos con música e sen música, imaxinándoa como ela fai..e a verdade é que nos gustou!

Debuxamos a Tamara e escribimos o seu nome


Tamén estivemos vendo algúns videos para descubrir como falan as persoas xordo mudas, cómo é o nome dos animais, as froitas, as letras do noso nome.....aquí nesta fotografía, estamos buscando as nosas letras para logo repetilas nós coas mans.


Tamén fixemos unha dinámica cooperativa, a da tea de araña, contando ós compañeiros cal é a cousa que máis nos gusta facer, igual que a Tamara bailar, a nós...


pintar, patinar, xogar cos lego, xogar ó futbol, bailar, ir ó zoo, correr, xogar cos animais, botar carreitas e durmir!

CAIXA SORPRESA NA AULA DE 3 ANOS!!!


     Na aula de 3 anos apareceu unha caixa grande e pesada, de cor marrón, que non sabíamos ni quen a puxera alí nin o que contiña. Menuda sorpresa levamos!!! Unha emoción que non podíamos contenernos por saber que era!!!

     Despois de facer a asamblea, tratamos de adiviñar o que había dentro pero os nervos apoderábanse de nós e, por iso, a mestra decidiu abrila e o que había eran...

MOITOS PUZZLES!!!!



     Non podíamos elexir cal de todos era o máis bonito e pronto queríamos xogar con eles pero tiñamos que tranquilizarnos porque non había para todos, así que, entre todos (coa axuda da profe, claro) chegamos ós seguintes acordos:

1º.- PARELLAS: como non había para todos e, en cada caixa, viñan dous puzzles, era mellor facelos por parellas.

2.- O ESPAZO: é importante que, onde vaiamos a facer o puzzle, estea limpo (sen restos de agua nin de comida) e sen obxetos que nos quiten espacio e nos molesten.

3º.- SEPARAR: como dixemos que había dous puzzles, o primeiro que ten que facer cada parella é separar as pezas de ambos puzzles. Para iso, hai que fixarse no revés das pezas (así que repartimos as pezas dun dos puzzles e, de forma ordeada e por turno, foron colocándoas na parte da caixa correspondente)



4.- ORDE: cando estean as pezas separadas, cada un debe deixar espacio ó compañeio/a da parella para que poida facer o puzzle. Deben lembrar darlle a volta ás pezas que ten cada un para poder elexir a que precisa e, moi importante, como somos moitos, as pezas deben estar dentro da súa parte da caixa mentres non se utilizan para evitar que caian ó chan, se perdan ou se mesturen noutro puzzle.



5.- COUSAS IMPORTANTES A TER EN CONTA:

     - É aconsellable comezar pola cara dunha personaxe da imaxe do puzzle.
     - Debemos estar concentrados e sen berrar, para non molestar ós demáis.
     - Debemos prestar atención ás pezas e á imaxe que queremos construir ou crear.
     - Hai que tratar de estar relaxados, sen movernos moito para non molestar nin que se non movan 
        as pezas xa unidas do puzzle.
     - Debemos axudar á parella se se bloquea con algunha peza pero NON facerlle o puzzle porque 
        temos que animalo a que se esforce por pensar e observar.




     A verdade é que foi un marabilloso agasallo para a aula cos que eles desfrutaron moitísimo. Pasárono xenial e é un recurso no que se traballa a concentración, a coordinación óculo-manual, a tranquilidade e o compañerismo. De vez en cando, repetiremos esta sesión de puzzles pero, muestres tanto, xa forman parte do recuncho de pensar. 

     Se queredes ver máis fotos desta xornada, poderes PINCHAR NA IMAXE DA ABAIXO.




mércores, 7 de marzo de 2018

"DÍA INTERNACIONAL DA MULLER" (3 ANOS)

O alumnado de 3 anos traballou o tema da igualdade de xénero observando e comentando pequenos vídeos e curtametraxes na rede. Sobre todo, centrámonos na importancia de non facer diferencias, que todos sumamos e podemos facer todo o que queiramos. Temos que aprender a respetarnos, a querernos e a valorarnos porque todos somos importantes. Non debemos discriminarnos, nin dicir cousas que poida ofender e danar os nosos corazonciños. Por iso, realizamos, con moito agarimo, este pequeno vídeo como homenaxe ó "Día internacional da muller".




venres, 2 de marzo de 2018

OS CONTOS VIAXEIROS DE INFANTIL XA ESTÁN EN PLENA CREACIÓN

  Aquí temos os MALETÍNS de 3, 4 e 5 anos que transportan, junto cos diferentes Rufiños, os contos viaxeiros que están creando as familias das correspondentes aulas. 

     A temática das tres aulas é o mesmo, o noso proxecto "Bo Camiño!", no que abordarán o tema do Camiño De Santiago. O comezo do conto naceu nas aulas, no momento da asamblea e de vivencias que foron vivindo no seu día a día na aula cos compañeiros e coas mestras.



AULA DE 5 ANOS




AULA DE 4 ANOS




AULA DE 3 ANOS



     
     A verdade é que estamos moi sorprendidas coa boa acollida e a implicación por parte das familias porque os contos están sendo moi interesantes e, cando lemos a páxina que elabora cada familia, temos moitas gañas de saber que vai acontecer.

    De momento, os contos van por "BO CAMIÑO!" e, cando rematemos, subirémolos ó blog e os exemplares en papel poderédelos ver na Rufiteca. De momento, seguiremos creando...

xoves, 1 de marzo de 2018

Así de guapos estabamos no entroido! - Infantil 4 anos

No Entroido pasámolo xenial e temos unha entrada adicada a él, agora  vos amosamos o guapos/as que estabamos ese día posando co noso querido Ravachol. Pinchade na foto para poder velo.

https://www.recursoseducativos.net/software/revistas/index.php?alto=100&revista=ENTROIDO2018

Semanas antes de elaborar os disfraces, falamos e dimos propostas sobre disfraces relacionados co camiño de Santiago e saliron estas opcións: árbores (porque as hai no camiño), sinais e frechas do camiño, peregrinos, pedras e rocas, follas, camiños, botas coma a da foto coa que xogamos a pensar e ata de lobo pois seguro que haberá algún agochado por entre os camiños. Tamén propuxemos de terra (isto sí ía ser difícil!!) e de cunchas de vieira.
 

Eses días de festa e tradición ademáis fixemos caroutas que eliximos de entre varias

 Debuxamos e decoramos o noso loro ravachol propio visto por cada un dunha maneira diferente


 Ensaiamos para o baile da
"marajota" e algúns ata a
creamos en plastilina.




    E xogamos coas prumas que máxicamente apareceron na nosa aula...


E ata creamos
 con elas
no noso recanto da mesa
de luz,
xurdindo historias
e composicións orais
a partir destas creacións.