mércores, 8 de outubro de 2025

O CASO AZUL CON RAQUEL QUEIZÁS E ANEDIA (5º EP)

 Este lunes recibimos a visita de Raquel Queizás, que a través dunha historia moi motivadora, falounos da diabetes, as súas características e outros datos de interés.






mércores, 1 de outubro de 2025

É HORA DE RECOLLER O MILLO! (4 e 5 anos)

 Chegou o momento de ir recoller o millo, así que marchamos á finca dun veciño para recollelo.

Primeiro tiñamos que quitarlle as follas e as barbas para poder sacar a mazorca que gardabamos nos capachos.

Pasámolo xenial todos xuntos!! Disfrutamos aprendendo mentres sumamos experiencias!




martes, 30 de setembro de 2025

ESGRIMA

 Outro curso máis, a "Escola Hungaresa de Esgrima de Pontevedra" veu ao colexio a dar a coñecer o deporte da Esgrima. O martes 30 de setembro, Adrián, explicounos os movementos básicos e fixemos uns "combates" con sables de espuma. Pasámolo xenial!

Máis fotos e vídeos neste enlace.




EMOCIÓN DEPORTIVA: CARREIRA CROSS EN PONTEVEDRA

 O pasado martes 30 de setembro o noso centro participou na proba de cros escolar celebrada en Pontevedra, dentro do programa deportivo Xogade. 

Os nosos alumnos e alumnas de 2.º a 6.º de Primaria gozaron dunha xornada chea de deporte, esforzo e compañeirismo no circuíto da Xunqueira. 


Foi unha experiencia moi positiva, na que todos demostraron ilusión e constancia, animándose uns a outros en cada carreira. 


Ademais, varios dos nosos alumnos lograron clasificarse para a seguinte fase. Estamos moi orgullosos da súa participación e do exemplo de superación que deron. 


Parabén a todos!


Para ver máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.


Tamén saímos nos xornais dixitais:



luns, 29 de setembro de 2025

IMOS VENDIMAR! (4 e 5 anos)

 O mércores, 24 de setembro, o alumnado de 4 e 5 anos fixeron unha saída pola contorna. É momento da vendima, así que disfrutamos dunha xornada de vendima na finca duns veciños.

Levabamos os nosos cubiños, as tesoiras, os mandilóns para non mancharnos e calzado para andar entre as herbas. 

Había moitos pelegríns que pasaban polo camiño e quedaban abraiados ó vernos. A algunhas uvas non lle chegabamos porque estaban moi altas pero os adultos axudáronnos a baixalas. Tamén había arañas por entre elas pero, aínda que algún berro se escoitou, aprendimos a "pasar delas".

martes, 16 de setembro de 2025

BALONMÁN POIO ARTAI

 Coma todos os inicios do curso o Clube Poio Artai de Balonmán, achegouse ao noso colexio para dar a coñecer o seu clube e este deporte. Este ano, Aitor e Aroa foron os encargados de ensinarnos os aspectos básicos, como o bote, pase, lanzamentos....rematando cuns partidillos entre nós. 

Podedes ver mási fotos neste enlace.




CAMPIONATO DE TENIS NA CAEIRA (3º E 4º EP)

 O pasado martes 16 de setembro o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivemos a oportunidade de asistir ao Campionato de Tenis Sub-14 na Caeira.

Foi unha experiencia moi especial, xa que non só puidemos gozar vendo algúns dos partidos do campionato con xogadores novos que nos sorprenderon polo seu nivel e esforzo, senón que ademais participamos en dúas actividades deportivas moi divertidas.

Unha clase de pádel, na que aprendemos nocións básicas, e unha clase de tenis, onde puxemos a proba a nosa coordinación e descubrimos o emocionante que é este deporte 

Sen dúbida foi unha experiencia que lembraremos con moita ilusión!

Para ver todas as fotos, pinchade NESTE ENLACE.


luns, 8 de setembro de 2025

GRAZAS ANPA!

 Queremos comezar este curso cunhas enorme GRAZAS.

As familias do ANPA tiveron un detalle precioso con toda a comunidade educativa: regaláronnos unha axenda a cada un dos alumnos e alumnas de primaria e un mandilón novo ao alumnado de infantil,  para empezar o curso con ilusión e boa organización.

Un pequeno xesto que significa moito, porque detrás hai tempo, esforzo e o desexo de acompañar aos nosos nenos e nenas na súa aprendizaxe día a día.

Grazas por estar sempre aí, por implicarvos e por axudarnos a construír, entre todos, un colexio mellor!

xoves, 19 de xuño de 2025

DESPEDIMOS O CURSO COA FESTA DA ESCUMA

 Chegou o martes, cun calor propio do verán, polo que organizamos unha gran festa da escuma no colexio.

Organizámosnos por cursos para a inmersión na escuma. Todos preparados cos bañadores, calzado para mollar, gafas de sol e moitísimas ganas de FESTA!!! Despois de disfrutar e ben mollados, cada curso ía a súa zona para mudarse de roupa aínda que, coa calor que facía, xa apenas se precisaban as toallas! jeje

Para ver máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE.

martes, 17 de xuño de 2025

GALEGO: UNHA LINGUA DE CINE. ENSINANZAS DE PELÍCULA

 Este ano levamos a cabo un proxecto anual dende EDLG, dentro do PDI de centro: un ano de ALUCINE. 


Cada curso elixía unha frase significativa dunha película a elixir de forma libre para transmitir valores e ensinazas que quixera transmitir aos demais compañeiros e compañeiras do centro. 

Este foi o marabilloso resultado do traballo realizado. Agardamos que vos guste!




venres, 13 de xuño de 2025

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE INFANTIL A APÍPOLIS

 O venres, 13 de xuño, o ciclo de infantil disfrutou da excursión de fin de curso á Granxa Escola Apípolis.

Ó chegar alí, fixemos os grupos mixtos, nos que nos mesturamos nenos e nenas dos 3 cursos. Cada grupo pasou polos diferentes obradoiros:

- Visita á exposición 

- Obradoiro de cociña coa realización de galletas de mel.

- Taller de fabricación de velas de cera.

- Visita ás colmenas cos traxes de apicultores mini.

Despois tivemos momentos da merenda, da comida e de xogo. Que ben o pasamos!!!

Para ver TODAS as fotos, PINCHADE NESTE ENLACE do álbum.

mércores, 11 de xuño de 2025

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE PRIMARIA Ó GROVE

 O pasado venres, todo o alumnado da etapa de primaria do cole fixo unha excursión ao Camping Paisaxe 2 en O Grove, para poder disfrutar dunha divertida xornada de xogos e convivencia.





Nas instalacións recibíronnos xenial e animaron todo o día facendo con nós xogos, bailes e  baños na piscina, incluso tivemos unha aventura pirata!!! 🏴‍☠️





Pasámolo estupendamente.