O mércores 19 de febreiro, Miguel, da Escola Xadrez Pontevedra, acercouse ao colexio a ensinarnos como xogar ao xadrez. O curso pasado xa viñera a dar unhas pinceladas deste deporte. Todo o que aprendimos poñerémolo en práctica o 8 de abril na xornada de convivencia deportiva que teremos no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
Comeza o xogo de cine. No armario do corredor de abaixo aparecen as fotos do ELENCO dunha gran película de cine onde están moita xente que o alumnado coñece...poderán saber de quen se trata? saberán recoñecer a cada actriz ou actor?
Prestade atención nos recreos e nas saídas a ver se sodes capaces de adiviñar quenes son e que película é a da foto. Se precisades axuda, haberá un código QR que se pode ler coa tablet e así acceder á ficha técnica da película.
O sábado, 15 de febreiro, conmemórase o DIA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL e, o alumnado do ciclo de infantil de 3,4 e 5 anos do CEIPP de Parada-Campañó (Pontevedra), quere enviarlle moitísimos biquiños a todos os nenos e as nenas que padecen cáncer, que loitan contra ese maldito becho e que van botalo fóra coa axuda dos médicos, do amor que lles damos, da familia e dos sorrisos que aparecen nas súas cariñas e que todo o poden!!
Un pequeno vídeo con todo o noso agarimo!
CANCIÓN "Besos redondos" de Conchita, 2015
(Debido a que se grabou nunha semaniña na que moitos estiveron enfermiños,
O pasado 6 de febreiro o alumnado de 3 º e 4º de primaria visitou a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. Neste espazo propúsoxe un percorrido polos acontecementos que marcaron a vida e a obra de Rosalía. Na planta baixa, puideron apreciar a verdadeira dimensión desta emblemática figura da cultura galega e universal: a súa vida, o entorno que a rodeou e a relación do pobo galego coa figura da escritora.
Unha auténtica experiencia de aprendizaxe na que disfrutaron moito.
O 3 de febreiro veu ao colexio Nana (o curso pasado tamén nos visitara), unha profesora e bailarina profesional da "Escuela de Danza Fita Novas" a ensinarnos unha coreografía que bailariamos o 12 de febreiro na xornada de convivencia deportiva no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Practicamos unha coreografía de danzas urbanas Finesse (Bruno Mars, versión orixinal) co alumnado de 5º de Primaria.
Para conmemorar o Día da Paz, traballamos a canción “EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ”, de Melendi. En relación ó proxecto deste curso, centrámonos na película “Como entrenar a tu dragón 3”.
Queremos un mundo de sorrisos, de cores, de alegría, onde admitamos a pluralidade e a ledicia nas nosas vidas. Por iso, o alumnado de 4 e 5 anos crearon UN MUNDO DE CORES o nos redor.
As cores fan que riamos, que esteamos de bo humor, que todo o que nos rodea é bonito porque queremos deixar atrás as cousas feas. Bonita é a nosa amizade, bonitas son as nosas risas xogando no patio, bonitos son os debuxos que coloreamos na aula,...e bonito é o vídeo que fixemos para compartir.
"A paz é alegría,
alegres os amores,
amores son os amigos
nun mundo de cores."
Elaboramos, xunto co resto de compañeiros do colexio, unha medalla pola PAZ que personalizamos todo o cole o noso gusto e con moitas cores.
Mirade que bonitas quedaron as medallas que levaron para casa:
Despois do recreo, reunímosnos todos no patio cuberto para ler manifestos de paz, falar das películas que nos aportan valores e para cantar xuntos a canción "EL CIELO NUNCA CAMBIARÁ", de Melendi.
Toca reforzar os números cun xogo sinxelo pero divertido, manipulando as tarxetas dos números.
Os números son do 0 ó 9, cos signos "=" e "+" cos que traballaremos máis adiante. Cada un ten as as súas tarxetas de distintos cores, co nome por detrás e coa súa bolsiña para gardalas.
O primeiro que fixemos foi sacar as tarxetas do 1-5.
Repasamos os números na pantalla dixital, escribíndoos en orden entre todos, saíndo por turnos a escribir o que viña despois e...tras este repaso, PUXÉMONOS MÁNS A OBRA XOGANDO que é máis divertido aprender así.
Como proba final, un pouquichiño máis complicada a cousa...
Creo que xa estamos preparados para introducir no xogo os números novos e máis dificultade!!!!
Hoxe 21-01-25 o alumnado de 5º e 6º de EP, fixemos unha saída ao Museo de Pontevedra para contemplar dúas exposición:
CASTELAO, exposición permanente no Museo de Pontevedra, onde o alumnado familiarizouse coa figura do ilustre polifacético galego, observando as súas creacións plásticas e literarias.
A outra exposición é temporal, trátase dunha mostra da colección de xoguetes antigos "E TEMPO DE XOGAR", pertencente a Jose Manuel Alfaya Ocampo, un xuíz xubilado que conta con máis de 700 pezas de xoguetes de comezos e mediados do seculo XX.
O 17-01-25 Recibimos a visita dos científicos de Ponteciencia, proxecto de investigación científica no que este ano participará o alumnado de 6º EP.
Nela explicáronnos o funcionamento deste proxecto e levamos a cabo un experimento: " A cinta de Moelius" a través da cal practicamos o método científico, co cal xa estámos a familiarizarnos despois desta segunda toma de contacto. Aquí tedes unha pequena mostra do feito empírico.
O luns 14 de xaneiro, o Poio Pescamar FS acercouse ao colexio a dar unha sesión de fútbol sala ao alumnado de 5° de Primaria para dar a coñecer e fomentar o seu deporte.