venres, 11 de abril de 2025

BÚSQUEDA DOS OVOS DE PASCUA (ciclo de infantil 3, 4 e 5 anos)

Chegou o día desexado, o día do chocolate, o día máis doce e onde hai moito xogo!!! Os de 4 anos atoparon na clase, nada máis chegar, unha bolsiña cun coelliño debuxado. Quen a traería? Todos os de 4 anos, e os das outras aulas, estaban apurando o feito de quitar abrigos e poñer os mandilóns porque a aventura ía comezar en calquer momento.

Despois de intentar averiguar que había na bolsa porque non abultaba nada, descubrimos que había anacos de ovos de pascua de cores. E lembrando, lembrando...os de 4 e 5 anos, os veteranos, decatáronse que seguro que o Coello de Pascua os agachara nalgures. Seria no ximnasio como o curso pasado? Tamén podería ser na Rufiteca, non si?


Pero desto, chegou a profe Tanya, e comentou que vira movemento no patio de infantil pero que non puido vere quen andaba por aí!

De seguro que é aí onde os agochou!! Por turnos, marchamos ó patio: primero os de 4 anos, despois os de 5 anos e, por último, os de 3 anos que este curso se estrean como os rescatadores de ovos!!!
















Despois, marchamos as nosas clases, e , NA CLASE DE 3 ANOS, decoraron os cestiños para meter os ovos de chocolate e fixeron unhas diademas.



NA CLASE DE 5 ANOS fixeron unhas máscaras de coelliños de Pascua. Na búsqueda de ovos tiveron que atopar a metade que faltaba para completar o ovo. Pola parte de atrás tiña un enigma para resolver utilizando un código secreto. Tratábase de adiviñar o nome dunha personaxe de película para poder coller a recompensa final. 










NA CLASE DE 4 ANOS, atoparon á volta do patio unha cesta con bolsiñas cheas de cousas pero cunhas tarxetas con debuxos xunto cunha bolsa de coello azul. Como xa están aprendendo a ler, tiveron que ir metendo a man na bolsa, sacar ó chou unha tarxeta e lela. Cando a leran, debían adiviñar a PALABRA que poñía e descubrir a bolsa que tiña a tarxeta co debuxo desa palabra. 


Pensades que non foron capaces? Pois estades moi equivocados porque o acertaron todos sen axuda!






A modo de resumen, grabamos un pequeno vídeo da aventura da BÚSQUEDA (dura uns 8 min, así que, se queredes, podedes ver o que, máis ou menos, fixemos as 3 aulas). Por certo, houbo algún que outro ovo que estaba tan ben agochado que non o daban atopado...jejej)


Na clase sempre houbo algún que outro momento de "degustación" de chocolate porque as ansias eran ENORMES!!!



Como remate da xornada fixemos unha sesión de cine na Rufiteca proxectando a peli "Rabbit School: Los guardianes del huevo de oro"



ESTAMOS AGARDANDO QUE CHEGUE A PRÓXIMA PASCUA 2026!!!





luns, 7 de abril de 2025

DÍA DA SAÚDE (4º EP)

 Os alumnos de 4.º de Primaria gozaron dunha xornada especial no día de hoxe dedicada á saúde, na que concluiron con todo o aprendido sobre a importancia do benestar físico e os hábitos saudables durante este último proxecto. 

Para comezar, tiveron o privilexio de recibir a dúas nais médicas, quen ofreceron unha interesante charla sobre as enfermidades infecciosas e non infecciosas.

Grazas á súa explicación, comprenderon mellor como previlas e coidar a súa saúde. Agradecemos enormemente o seu tempo e dedicación.



Ademais, contaron coa visita do Club Deportivo de Balonmán Teucro, que lles falou sobre a importancia dunha dieta saudable e ensinoulles os diferentes tipos de alimentos que deben consumir para manterse sans e con enerxía.



Outro momento destacado desta unidade foi a saída ao Estadio Pasarón, onde o Club de Fútbol Pontevedra ensinoulles a importancia do deporte, o traballo en equipo e a actividade física frecuente. Foi unha experiencia moi enriquecedora que nos motivou a seguir practicando deporte.



Para finalizar, o persoal médico do Centro de Saúde de Lérez impartiron unha charla sobre a importancia dunha alimentación equilibrada e informáronnos acerca dos distintos trastornos alimentarios que existen. Aprenderon moito sobre como levar unha dieta saudable e coidar a nosa relación coa comida.



Sen dúbida, este Día da Saúde foi unha xornada moi educativa e enriquecedora para todos.

 

Grazas a todos os profesionais que nos visitaron e axudáronnos a aprender máis sobre a importancia da saúde na nosa vida diaria!


Máis fotos, pinchade NESTE ENLACE.

venres, 4 de abril de 2025

RADIO ESCOLAR (4º E 5º EP)

 Durante este curso os nosos alumnos de 4º e 5º de primaria viviron unha experiencia única ao participar nunha formación especial sobre o uso da radio escolar no marco do proxecto da Consellería Radio na Biblio.

A través desta iniciativa, os estudantes non só aprenderon sobre o funcionamento técnico dunha emisora, senón que tamén desenvolveron habilidades comunicativas e de traballo en equipo.



Durante as sesións de formación, os alumnos coñeceron os distintos roles que existen nun programa de radio, desde o locutor ata o técnico de son.



Ademais, tiveron a oportunidade de escribir as súas propias escaletas, practicar a entoación e a dicción, e ata realizar pequenas entrevistas aos seus compañeiros e docentes.


 

Un dos momentos máis emocionantes foi cando un grupo visitou a emisora de Radio Cadena Ser en Pontevedra, experimentando de primeira man o que significa estar en directo. A creatividade e o entusiasmo dos nenos foron protagonistas, e demostráronnos que teñen moito talento para a comunicación.


 

Esta actividade non só fomentou a expresión oral e a confianza en si mesmos, senón que tamén reforzou a importancia do traballo en equipo e escoita activa.

 


Sen dúbida, o proxecto de radio escolar seguirá crecendo e brindando máis oportunidades para que os nosos alumnos exploren o apaixonante mundo da comunicación.

 

Estamos ansiosos por escoitar máis programas creados polos nosos pequenos locutores!



Máis fotos, PINCHADE NESTE ENLACE

BENVIDA Á PRIMAVERA CHEA DE COR, DIVERSIÓN E FLORES (5º EI - 4 ANOS)

 Chegou a primavera e a cortiza da nosa clase está sen decoración. Polo que temos que comezar a enchela de colorido.


Xa falamos de estamos nunha estación na que florecen as flores, nas árbores de folla caduca comezan a sairlle as follas, aparecen xoaniñas, abellas...e empezamos unha época moi bonitiña.

Así que imos a falar moitísimo de flores, coñecer as diferencias entre elas e a realizalas de moitas maneiras. Hoxe comezamos cunha sesión na que mesturamos flores, pinceis, acuarelas, auga e liberdade para disfrutar pintando flores e bolboretas deixándonos levar por música ambental primaveral.

- Precisamos orden e organizarnos
- Non debemos mesturar as cores no pincel.
- Cando cambiemos de cor, debemos lavar o pincel.
- Poremos moita atención para pintar con coidado co pincel e non sairse.
- É importantísimo pasalo ben.
- Hai que ter coidado coa auga para que non caia e estropee os nosos traballos.
- E sempre dicirlle ós compañeiros que o están facendo xenial e lles queda moi bonito.










A medida que remataban, as colocamos na cortiza para que remataran de secar.
 
Música "de café" (como lle chamamos) + acuarelas = disfrutar creando arte.



E eiquí un anaquiño do mini vídeo que fixemos mentres traballaban:



xoves, 3 de abril de 2025

VISITA AOS BOMBEIROS (1º e 2º EP)

 O xoves 3, o alumnado de 1º e 2º de primaria acudiu a visitar o parque de Bombeiros de Pontevedra.



Foi unha xornada estupenda en que coñecemos as instalacións, os diferentes vehículos, ferramentas e uniformes de traballo.




O máis divertido foi pasar á acción e facer uso das mangueiras.




Moitas gracias bombeiros!!!

mércores, 2 de abril de 2025

DÍA DO AUTISMO

O 2 de abril conmemoramos o Día Mundial do Autismo,  unha oportunidade para aprender e valorar a diversidade. 

No noso colexio, todos somos diferentes e igual de importantes. 



Construamos xuntos un mundo máis inclusivo e respectuoso!





UN E TODOS OS DÍAS: CONCIENCIACIÓN!