sábado, 20 de outubro de 2018

Comezamos cos experimentos na aula de 5 anos




Este  xoves demos comezo por fin ó primeiro experimento, que nesta ocasión se divide en dúas partes, e teremos que esperar uns días para ver o resultado.
O protagonista era un "ovo" e tamén o "vinagre".
Todos cheiramos o vinagre, nun principio, intuíndo de qué podía tratarse e retirando a veces a cara porque o seu cheiro á maioría non nos gustou.
Ángela explicounos que o meteríamos nun vaso, totalmente cuberto por vinagre e debíamos esperar uns días a ver qué sucedía.
Fixemos propostas sobre o que sucederá nestes días co ovo. Éstas son algunhas:

-ESTOUPARÁ.
-CAMBIARÁ DE COR.
-ROMPERÁ.
-NACERÁ UN POLIÑO.
-QUEDARÁ SEN CÁSCARA E PARTIRÁ.
Cada equipo de nen@s cubreu o seu ovo con vinagre e etiquetou o vaso para telo localizado cando volvamos o luns e vexamos qué sucedeu.






Nesta sesión tamén aproveitamos que estabamos organizados en recantos, para comezar a traballar na mascota da aula. Recordades que a familia de Alejandro nos trouxera a estructura? A fixeron con tubos e unha maceta, máis aramio para as orellas.



Cada equipo rasgou papel de xornal, que logo había que empapar en cola con auga nunha gabeta, para pegar sobre a estructura.



Todavía queda moito por facer para que se transforme en Carolina, pero imos por bo camiño!!
 




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario