Nestas semanas de outubro andivemos moi ocupados con un montón de tarefas, que vos contamos agora.
Finalizando setembro foramos polas clases para pedir aos compañeir@s e profes que nos facilitasen un listado cos seus nomes e lles explicamos que os necesitamos para investigar qué nomes se repiten moito e cales pouco ou nada e con ista información crear unha gráfica ou estatística nun enorme mural.
Comezamos elaborando un listado cos nosos nomes e a a partir de éste, cada vez que nos chegaba a clase un listado dunha aula, despóis de ler todos os nomes, anotábamos os novos, que non se repetían,
e como eran bastantes debiamos comezar novas columnas.
Os que sí se repetían, os marcabamos cun cadrado vermello de papel adhesivo, que pegamos ó lado do nome en cuestión, tantos cadrados como veces se repetiran.
Só nos faltan un par de aulas para seguir cotexando e cando rematemos, organizaremos toda esta información de xeito que se poida entender perfectamente cales non se repiten nin unha vez e cales varias, a través dunha GRÁFICA.
Aproveitamos para traballar con estes diversos listados de alumnos, e en fichas, unhas veces os enumeramos, outras buscamos os nomes repetidos, emparellamos co nome en minúsculas, buscamos letras neles.....
Tamén en setembro estivemos a falar e decidir sobre qué temas nos gustaría investigar na aula e aprender novas cousas.
Houbo unha extensa proposta, sobre a que votamos un par de veces.
Para finalmente facer unha
terceira e última votación sobre os temas máis votados, que foron:
ÁGUIAS, PAXAROS, LEÓNS e SUPERHEROÍNAS.
O TEMA GAÑADOR FOI OS LEÓNS!! Vos iremos contando cómo vai indo a nosa investigación.
Ademáis tivemos na aula unha sorpresa que nos gustou moito. A familia de Alejandro estivo traballando para obsequiarnos cunhas marionetas, que eles, a partir de teas, cortaron e coseron. Alejandro tamén colaborou, pois tiña que contalas ben para que non faltara ningunha xa que na clase somos 20.
Este agasallo o completaremos na aula, pegándolle ollos, narices, bocas, cabelo e todo o que nos ocurra. Isto o faremos máis adiante, a través dos equipos, que sempre é máis doado para organizarse, e para ser productivos, axudándonos uns ós outros.
Polo momento anotamos nun folio a cor que nos gustaría ter a cada un e cando nos poñamos dacordo no reparto, daremos comezo.
A familia de Alejandro ademáis tamén nos regalou unha estructura feita con tubos e unha maceta, para que poidamos confeccionar a nosa mascota "Carolina" en tamaño xigante e tridimensional, e así tela sempre nun recantiño da aula. Pero isto volo contaremos noutro momento e vos amosaremos cómo é.
Polo de pronto, Moitas Gracias Sheila, Candu e Alejandro!!!
Nos despedimos cunhas fotos de algúns momentos vividos na aula, nos distintos xogos ou recantos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario