luns, 8 de outubro de 2018

Algunhas actividades artísticas na aula de 5 anos



Nestas semanas adicamos algunhas sesións a desfrutar creando libremente de dúas maneiras moi diferentes. Como inauguración ás sesións de arte nas que participaremos durante  todo o curso, as profes María e Ángela coordinaron tempos e espacios, para a partir de pequenos agrupamentos participar en dúas actividades de experimentación e desfrute.

A primeira, foi pintar con témperas e cos nosos pés. Os participantes de cada equipo, se descalzaban, quentaban un pouco a súa ferramenta de traballo, OS PÉS, cunha pequena ximnasia moi moi estimulante









  e despois de esparcir distintas cores de témpera por todo o papel.....A DESFRUTAR  DAS DISTINTAS SENSACIÓNS!!! Porque cos pés  nunca  pintamos...
..e foi toda unha experiencia!!










E despois do desfrute e da mezcla de cores, tocaba lavarse, secarse e volver a calzarse. Cómo nos gustou!!



Noutra xornada, experimentamos cos pomPeiros, que previamente tinguimos con distintas cores, coas témperas de clase.
Pero isto foi precedido por un traballo previo de gran grupo, no que todos participamos, a través dun sorteo, no que un compañeiro sacaba un nome, de entre todos, para ir botando o líquido do pompeiro nun recipente, tamén cada cor de témpera, misturalos.....




E xa con todo listo, e coa mesma dinámica de equipos, inmersos cada grupo nunha proposta diferente, fomos participando. A veces había que esforzarse un pouco máis porque a pompa non saía á primeira, pero valeu a pena e foi moi divertido. 





Agora só nos falta adxudicarlle unha función a cada obra, dende decorativa e expositiva ata como punto de partida dunha actividade de xogar a pensar ou utilizalas como fondos nos que colocar traballos e outras actividades.


Ningún comentario:

Publicar un comentario