venres, 8 de decembro de 2017

XOGAR COA ARTE


Ola familias!
Este é o primeiro traballo relacionado co obradoiro de arte que subimos ao blogue. A duración deste obradoiro será  todo o curso, e dedicarémoslle unha sesión semanal.
Con este obradoiro pretendo transmitir a importancia de dedicarlle un tempo a mirar cada pintura, a importancia de comprobar as posibilidades que nos dan as obras de arte para espertar o maxín e o interese pola arte.
          O traballo a partires da arte permite: ensinar aos nenos e nenas a mirar, pero tamén a escoitar, a dialogar, a interpretar, a inventar, a desfrutar das obras e a ser conscientes do seu propio gusto. Trátase de poder razoar o gusto, explicar por que unha obra, unha liña ou unha cor son atractivas.
      Un obxectivo importante que persigo é que aprendan a pensar en termos de sensacións, cores, formas, composicións; ser bos contempladores; que desfruten pero que critiquen, que teñan un criterio e sexan capaces de crear. 
       Nesta primeira aproximación á arte, pintamos utilizando unha caixa, unha bola e témperas de cores. Finalmente decoramos o marco con pedriñas de cores.
Agardamos que desfrutedes tanto coma nós facendo estas obras.










Ningún comentario:

Publicar un comentario