venres, 1 de decembro de 2017

PROGRAMANDO Ó NOSO BEE-BOT EN ROBÓTICA- INFANTIL 4 ANOS

No mes de outubro comezamos a "traballar" co noso bee-bot, un pequeño robot abella, que xa coñecíamos do curso pasado.


O primeiro que fixemos, para facer memoria, foi coñecer os distintos símbolos de cada unha das teclas do robot e vivenciar co corpo os distintos movementos: para adiante, para atrás, cara á dereita, cara á esquerda. A profe ensinábanos distintas tarxetas e nós debíamos movernos en función do que aparecía nela.


Tamén manipulamos libremente ó robot, simplemente para ver cómo se movía, en función das teclas que preméramos.





Calculamos cantos pasos debía dar o robot para  chegar ata un compañeiro, e go!! que é a tecla verde que significa AVANZA! ou en marcha!!





 O mesmo en roda, en distancias máis longas e facéndoo xirar en función do compañeiro que elixíramos.






 Lanzando un dado e programándoo nunha dirección tantas veces como indicaba o dado.







Noutra sesión, marcábamos camiños con pezas de construcción  e o debíamos programar o robot para seguir ese percorrido e ir arrastrándoas todas.




 Noutra ocasión, repasamos o concepto de cantidade do números 0, 1, 2 e 3, e debíamos facer percorrer ao robot dun número, á cantidade de castañas correspondentes e de éstas aos dedos da man que indicaban esa cantidade.















Tamén  marcamos percorridos dun lugar ao outro, programando a bee-bot para seguilos, neste caso tendas que pode haber na cidade e no pobo.










Tamén o utilizamos coas letras, para buscar as iniciais dos nosos nomes, para emparellar palabras....


De maneira lúdica traballamos aspectos relacionados coa lateralidade, orientación espacial, as estimacións e inferencias, a expresión oral, a cooperación, a atención, a espera do turno, así como conceptos matemáticos, de lectoescritura, e todo tipo de aspectos curriculares, que dun xeito sinxelo se adaptan a esta dinámica de traballo.

Vos seguiremos contando!



Ningún comentario:

Publicar un comentario