O alumnado de 3 anos son os pequeniños no colegio pero, desde o mes de setembro, cando comenzaron a suavizar andaina escolar, obsérvanse avances na sea adquisición de hábitos e rutinas.
Neste tempo que levamos de curso centrámonos, como xa comentei, na adquisición de hábitos e rutinas que les acompañarán durante toda a etapa infantil como, por exemplo, están aprendendo a:
- Relacionarse cos seus compañeiros e tratarse con agarimo.
- Non berrar.
- Facer fila.
- Entrar ordeadamente á aula.
- Agardar turno.
- Respetar ós demais.
- Pedir para ir ó baño.
- Traballar en equipo.
- Traballar e esforzarse polo traballo individual.
- Prestar atención
- Ilusionarse por aprender o propio nome e os dos seus compañeiros.
- Ser ordeados e manter limpa a aula.
- Recoller o material e xoguetes utilizados.
- Etc.
Pero, a parte deste tipo de actividades, faremos moitas outras divertidas. Aquí tedes un exemplo:
1.-DURANTE A ASAMBLEA (ó inicio da jornada escolar) PASAMOS LISTA NA PDI (Pizarra Dixital Interactiva), APRENDENDO OS NÚMEROS E AS LETRAS QUE COMPOÑEN OS NOMES DOS COMPAÑEIROS.
2.- ACHEGAMENTO Ó TRABALLO INDIVIDUAL
3.- APRENDIZAXE COAS TICs NA AULA DE INFORMÁTICA
4.- XOGO COOPERATIVO E PARA APRENDER A PENSAR
6.- FACEMOS MANUALIDADES E APRENDEMOS A FACELO DE FORMA ORDEADA E MANTENDO A ZONA DE TRABALLO CON "CERTA LIMPEZA E ORDE"
7.- MERENDAMOS XUNTOS E TRANQUILOS, AGARDANDO A QUE O ENCARGADO DO DÍA REPARTA OS MANTEIS INDIVIDUAIS. CANDO REMATAN, RECOLLEN, LIMPAN AS MESAS E AS BOQUIÑAS CHEAS DE CHOCOLATE,jeje.
8.- MOMENTOS DE LECER ONDE VEMOS CONTOS, DEBUXOS ANIMADOS OU VÍDEOS EDUCATIVOS SOBRE UN PROXECTO.
Cada día que pasa existen avances e, cada vez, facemos máis cousas. Estamos mol motivados e queremos aprender polo que, o segundo trimestre, virá cargado de moitas máis actividades!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario