mércores, 21 de xuño de 2017

GRADUACIÓNS DO ALUMNADO DE 6º EI e 6ºEP

     Rematamos o curso escolar 2016-2017 despedíndonos do alumnado de 6º Ed.Primaria. Chegaron ó colexio sendo moi pequerrechos, que apenas eran capaces de subir as escaleiras coas súas pequenas perniñas e, agora, xa medraron e xa están preparados para dar un paso máis nas súas vidas: IR Ó INSTITUTO. Agardamos que non vos esquezades de nós e teñades sempre presente as experiencias que vivíchedes neste colexio que, aínda que a algún se vos rifara algunha vez, os queremos moito.



     Pero, a parte dos maiores, tamén hai outro grupo de sexto, 6º Ed.Infantil, que tamén se gradúa. Aínda que non se van do centro, sí deixan a Ed.Infantil porque xa pasarán a ser do grupo dos "chachis", é dicir, "dos maiores". O curso que ven irán ás clases do andar de arriba, levarán mochila de maiores, "codearanse" cos maiores e xa non utilizarán mandilón!!! Están listos e preparados para dar ese paso. A algunhas lles asusta un pouco (aínda que quizáis máis ás nais,jeje) pero estamos seguros de que será un exitazo. 




     Agora chega o verán, os desexados meses para ir á praia, disfrutar do tempo de lecer coa familia e amigos e para facerse á idea dos cambios. Así que, todas as mestras e mestres do cole desexámosvos un feliz cambio cheo de ilusións. Mil biquiños!

Ningún comentario:

Publicar un comentario