O alumnado do ciclo de infantil chegou cheo de ilusións e con ganas de voltar ver ós compañeiros, sobre todo ós de 4 e 5 anos. Os peques de 3 anos chegaban un pouco temerosos descubrindo unha nova clase e novos compañeiros. O que si se atoparon todos foi con novas mestras que lles tiñan preparado un "photocall" como recordo dese primeiro día.
Non fai falla dicir que os de 4 e 5 anos foron os que mais cómodos estaban durante as fotos e, os de 3 anos, posaban como dicindo "que fago eu aquí!",jeje, aínda que logo xa se animaban a repetir a sesión!!
Foi un día moi especial onde todos estrearon aulas novas, novos espacios, novas mestras, novo parque infantil...eso si! o parque infantil é o que máis lle "mola" de todo. Divírtense tanto rogando alí que o tempo fáiselle escaso cando estamos todo infantil. Aquí vos deixamos un anaquiño do que foi o día da inaguración do novo parque infantil, con máis xogos, un maior espazo e cargado de diversión!!
Uns primeiros días moi especiais para todo o alumnado de infantil e primaria onde os reencontros e as novidades do centro motivan a esta gran familia que formamos todos.
Benvidos a todos ó colexio!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario