xoves, 15 de xuño de 2017

EXCURSIÓN DE INFANTIL A CAMPOLAMEIRO

Canta ilusión tiñan os peques do cole por ir  ó Parque Arqueolóxico de Campolameiro. Estaban desexando disfrutar da súa excursión de fin de curso. Levaban todo o necesario:

- Camisetas de manga curta deseñadas por eles mesmos
- A súa mochila coa súper merenda especial
-Viseiras
- e moooita alegría nas caras.

A viaxe fíxoselles un pouco longa pero, ó chegar ali, disfrutaron a tope!

Fixeron unha visita guiada polo parque descubrindo os petroglifos e a recreación do poboado e disfrutaron de dous obradoiros: sementar e cerámica onde, este último, foi o que máis éxito tivo porque pintaron coas súas mans e...as caras!! jeje

Pero é mellor velo que que solo conte, así que vos deixamos o enlace ó álbum da excursión pinchando na foto de abaixo!


Ningún comentario:

Publicar un comentario