luns, 24 de febreiro de 2025

O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO (23 DE FEBREIRO)

Rosalía de Castro foi unha gran escritora galega que escribía tanto poesía coma novela. Desde hai uns anos, o 23 de febreiro celébrase O DÍA DE ROSALÍA que foi o día en que naceu (aínda que hai quen o festexa o día 24 que foi cando se bautizou).

O Día de Rosalía caeu este ano en domingo pero nós, desde o centro, quixemos conmemorar o día con varias actividades que se levan realizando desde a semana pasada e o luns 24.

Día de Rosalía 

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), propoñemos celebrar o Día de Rosalía de Castro dunha maneira especial e divertida. Este ano, queremos que o noso alumnado coñeza mellor a figura de Rosalía e outras autoras galegas a través dun xogo de retos.

O obxectivo desta actividade é achegar a literatura galega dun xeito lúdico e participativo, fomentando o uso da nosa lingua e poñendo en valor o legado das escritoras que marcaron a nosa cultura.

Como será o xogo?

Organizaranse diferentes probas e desafíos relacionados coa vida e obra de Rosalía de Castro, así como doutras escritoras galegas destacadas. O alumnado deberá superar cada desafío para avanzar no xogo e descubrir curiosidades sobre as autoras galegas 

Obxectivos da actividade:

✅ Coñecer mellor a Rosalía de Castro e outras escritoras de Galicia.
✅ Potenciar o gusto pola literatura galega.
✅ Xogar e aprender de maneira cooperativa.
✅ Reforzar o uso da lingua galega no ámbito escolar.

Animamos a toda a comunidade educativa a participar e celebrar xuntos este día tan especial, reivindicando a importancia de Rosalía e o legado das escritoras galegas!

"Tecín soia a miña tea, seguireina tecendo..." 

Un gran mural de Rosalía da a benvida no nos centro e subindo atopamos más paredes fermosos libros que colgan de lazos de cores invitando a mergullarse na vida e obra de Rosalía nesta original exposición. Os retos sobre autoras galegas de renome fixeron as nosas delicias xogando e gozando mediante a lúdica.




6º ED. INFANTIL - 5 ANOS

O alumnado de 6º de Educación Infantil preparou un anaco do poema "Parece unha rosa" de Rosalía de Castro. As fotos que acompañan ao poema son dos nenos e nenas da clase cando eran bebés.



5º ED.INFANTIL - 4 ANOS

O alumnado de 5º de Educación Infantil xuntou información previa sobre a vida de Rosalía de Castro e puxeron en común certa información sobre a quen era o seu marido, cantos fillos tiveron, onde vivían, a que se adicaba Rosalía de Castro, etc. e despois creouse un xogo interactivo para reforzar o aprendido e así xogar en equipo:. 

Podedes aceder ó xogo pinchando na imaxe de abaixo (hai ordenadores o tablets nas que as opcións de Verdadeiro ou Falso aparece en inglés)


1º ED. PRIMARIA

O alumnado de 1º primaria divertíronse moito cos RETOS que propuxo o EDNL.






2º ED. PRIMARIA

A conmemoración de Rosalía De Castro no seu día máis especial  sempre é unha excusa para así  traballar o vocabulario en galego, a poesía, a beleza do noso, a biografía da escritora… un sin fin de recursos para crear cousas tan hermosas como as que fixeron estes días os alumnos de 2º de Educación Primaria.








4º ED. PRIMARIA

O alumnado deste curso elaborou un dossier de investigación trala visita a Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón.



Ningún comentario:

Publicar un comentario