venres, 28 de febreiro de 2025

FESTEXAMOS O ENTROIDO CUN VENRES DE ALU-CINE!

    Por fin chegou a semana do entroido e no CEIPP de Parada-Campañó, seguindo co proxecto de centro deste curso académico, quixemos festexalo rendindo homenaxe ao cinema. 

    Guiándonos polos Mandadiños de Rufiño, abrimos o entroido ao xeito pirata. Garfios, parches ou sombreiros acompañáronnos ata a seguinte xornada, na que nos disfrazamos con algo que metera medo. O mércores tocou lucir os nosos poderes especiais caracterizándonos como superheroes e superheroínas, e o xoves convertímonos en personaxes moi graciosas que non paraban de facer desternillarse de risa aos demais.


Para ver as fotos, PINCHADE NA IMAXE DE ABAIXO.



    Como colofón final, o venres tocou a festa grande na que tamén nos acompañaron as familias. Un entroido tremendamente divertido no que cada grupo se disfrazou dunha película, desfilamos para amosar ben cada detalle dos nosos atuendos, e disfrutamos dos bailes sorpresa de cada curso! 










Os profes tamén se meteron no papel cinéfilo e pasárono de cine!








Como todos os anos, tivemos a sorte de que a ANPA nos tiña preparada unha deliciosa merenda con doces típicos do Entroido, polo que puidemos recuperar folgos para continuar a vivir esta festa tan especial!


Nos despedimos co pequeniño acto no que felicitábamoslle o aniversario á María, o persoal de limpeza, e que este curso xubílase despois de moitísimos anos formando parte desta gran familia do colexio. Gracias a ela pola súa amabilidade, a súa disposición e o seu traballo día a día. BOTARÉMOLA MOITÍSIMO DE MENOS!!!



 Moitas grazas a todos por facelo posible! Ata a próxima e que viva o entroido! 



PARA VER MÁIS FOTOS DESTE VENRES DE ENTROIDO, PINCHADE NESTE ENLACE

Ningún comentario:

Publicar un comentario