venres, 21 de febreiro de 2025
XOGALOITA (3º EP)
O 20 de febreiro, visitaron o colexio Saúl Bello e Iago Fernández, deportistas da Federación Galega de Loita, para amosarnos o seu deporte. Practicamos uns xogos moi divertidos relacionados coa loita. O próximo 11 de marzo, na xornada de convivencia deportiva de Adespont no Pavillón de Deportes de Pontevedra, volveremos a xogar a eles co resto de colexios.
Para ver máis FOTOS e VÍDEOS, podedes pinchar NESTE ENLACE.
xoves, 20 de febreiro de 2025
BAUTISMO NA NEVE EN CAMPAÑÓ
A nosa ANPA SAN PEDRO organizou unha viaxe marabillosa á neve onde alumnado e as familias disfrutaron dun deporte de inverno como é esquiar. Tanto adultos como nenos que non sabían esquiar, disfrutaron dun "bautizo" no esquí cos monitores.
mércores, 19 de febreiro de 2025
APRENDEMOS A XOGAR AO AXEDREZ (4ºEP)
O mércores 19 de febreiro, Miguel, da Escola Xadrez Pontevedra, acercouse ao colexio a ensinarnos como xogar ao xadrez. O curso pasado xa viñera a dar unhas pinceladas deste deporte. Todo o que aprendimos poñerémolo en práctica o 8 de abril na xornada de convivencia deportiva que teremos no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra.
Para ver máis fotos, PINCHADE NO ENLACE.
luns, 17 de febreiro de 2025
UN GRAN ELENCO NO COLE: ADIVIÑARÁN QUE ACTRIZ OU ACTOR É?
Comeza o xogo de cine. No armario do corredor de abaixo aparecen as fotos do ELENCO dunha gran película de cine onde están moita xente que o alumnado coñece...poderán saber de quen se trata? saberán recoñecer a cada actriz ou actor?
Prestade atención nos recreos e nas saídas a ver se sodes capaces de adiviñar quenes son e que película é a da foto. Se precisades axuda, haberá un código QR que se pode ler coa tablet e así acceder á ficha técnica da película.
A PASALO BEN!
xoves, 13 de febreiro de 2025
DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL
O sábado, 15 de febreiro, conmemórase o DIA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO INFANTIL e, o alumnado do ciclo de infantil de 3,4 e 5 anos do CEIPP de Parada-Campañó (Pontevedra), quere enviarlle moitísimos biquiños a todos os nenos e as nenas que padecen cáncer, que loitan contra ese maldito becho e que van botalo fóra coa axuda dos médicos, do amor que lles damos, da familia e dos sorrisos que aparecen nas súas cariñas e que todo o poden!!
Un pequeno vídeo con todo o noso agarimo!
luns, 10 de febreiro de 2025
2º XORNADA CIENCIA DIVERTIDA (6º EP)
Nesta segunda xornada estivemos a observar células a través dos microscopios descubrindo un mundo que o alumnado so coñecía nos libros ou vídeos.
O alumnado preparou os portaobxectos para posteriormente introducilos nos microscopios e así poder realizar a experiencia.
martes, 4 de febreiro de 2025
CHEGOU O INVERNO EN 3 ANOS
Chegou o inverno a clase de 3 años, que ben o pasamos experimentando coa "neve", ata fixemos icebergs con gelatina.
luns, 3 de febreiro de 2025
SESIÓN DE BAILE MODERNO (5º EP)
O 3 de febreiro veu ao colexio Nana (o curso pasado tamén nos visitara), unha profesora e bailarina profesional da "Escuela de Danza Fita Novas" a ensinarnos unha coreografía que bailariamos o 12 de febreiro na xornada de convivencia deportiva no Pavillón Municipal de Deportes de Pontevedra. Practicamos unha coreografía de danzas urbanas Finesse (Bruno Mars, versión orixinal) co alumnado de 5º de Primaria.