domingo, 1 de abril de 2018

Colaboramos no proxecto "AXEDREZ, A ESTRATEXIA POLA PAZ"

Ó final do trimestre pasado, o colexio colaborou co proxecto "XADREZ, ESTRATEXIA POLA PAZ" que levan a cabo na Escola de Axedrez de Pontevedra (podedes visitar o seu blog pinchando na foto).



O día 22 de marzo partíu unha nova expedición ó campamento de Azraq (Xordania) que acolle a persoas refuxiadas que tiveron que abandoar Siria debido ó conflicto bélico. Viaxaron a unha escola que crearon no ano 2016 e, este proxecto, consiste en fomentar o axedrez como actividade educativa e social.


No colexio colaboramos realizando varios tableiros e pezas de axedrez con diversos materiais: corchos, iogures bebibles, cartuliñas, cartóns... Quixemos que, un pouco de cada un de nós, viaxara a Asraq e poder colaborar na felicidade de todos os nenos e nenas que están alí.






Pero tamén as familias quixeron sumarse a esta iniciativa, como o avó de Amanda e Daniela, que donou outro xogo de axedrez elaborado por el e a súa familia, coas figuras ben traballadas.




Foi unha experiencia moi tenra e que nos gustou moito participar xa que, a parte da realización dos xogos de axedrez, traballamos máis conceptos relacionados co proxecto e agardamos ter a oportunidade de volvelo repetir. Para ver máis fotos, PINCHADE AQUÍ e tamén deixámosvos un pequeno video-resumo da nosa participación desde infantil:




Ningún comentario:

Publicar un comentario