Vos contamos cómo nos foi no último mes co proxecto do Camiño de Santiago.
Os pais dun compañeiro viñeran no mes de xaneiro a contarnos algunhas cousas do seu "camiño", que viviron hai uns anos. E nós, na aula, resumimos a súa visita, a través de fotos e texto, nun pequeno mural con forma de vieira.
Unhas semanas despois, ademáis, viñeron traernos un agasallo moi especial: dúas capas de peregrino!! que a nai de Alejandro coseu para nós, para o noso recanto de disfraces.
Moitas gracias Sheila! Nos encantaron e as usamos moitísimo no recanto da casiña, cando facemos xogo simbólico.
Ademáis dun buho peregrino, para que coide moi ben de todo o material.
Continuamos a responder ás preguntas e plasmalas no mural así como outras curiosidades
E a completar o noso dossier individual do camiño, con todas estas cuestións. |
Aquí temos que facernos con seis palabras dos animais | do camiño |
Para logo pegalas na foto correspondente, fixándonos no son e grafía polos que empezan. |
Ademáis, levamos a cabo diversas actividades do camiño utilizando outras linguaxes:
Matemática- contando, relacionando, orientándonos, programando
Unha das actividades de robótica, consistiu en axudar a bee-bot a percorrer o camiño desde O Cebreiro a Santiago, como fixeran os pais de Alejandro.
Para levalo a cabo, primeiro observamos o percorrido, e axudándonos da cuadrícula para poder contar os pasos, entre todos dimos sacado as distintas accións que tiñamos que facer e as teclas que había que premer, anotándoas nun folio, para que bee-bot se movese na dirección correcta.
No folio tamén pintamos os cadrados polos que transcorría o percorrido; isto nos fixo máis doado entender os pasos que debía dar.
E cando tiñamos completa a folla, facíamos unha "lectura" ou decodificación individual e premíamos en beebot as distintas accións: tres pasos para adiante,
xira á dereita, un paso para adiante, xira á esquerda......
Corporal- Nunha sesión que levamos a cabo con teas, coas que experimentamos de diversas maneiras, coas que xogamos, bailamos,...que situamos no noso corpo
fomos xuntando as nosas teas, para dar formado un longo camiño, que atravesamos de distintos xeitos, xogando a ser diferentes persoaxes.
Artística- A partir dunhas estampacións libres que fixemos con témpera e tapóns de corcho
Nelas, trazamos camiños, lungos, curtos, anchos, estreitos, de distintas cores, imaxinando qué podían representar as manchas estampadas, e poñéndolle un título, cada un á súa creación.Pedimos axuda ós compañeiros de 5 anos para que viñeran elixir, cada un, unha obra de entre todas que lle gustara moito.
Cada obra estaba marcada cun número, do 1 ó 19, que é o total de nenos da aula.
E despois de elixir cada neno/a a súa, o rexistraban nun listado cun gomet ó lado do número que elixiron.
Vos preguntaredes para qué fixemos esta votación! Pois porque a obra que saíra elixida, a utilizaríamos para "xogar a pensar", no terceiro trimestre.
E a lámina elixida foi a de Pablo
Xa vos contaremos cántas cousas interesantes saen dela.
Noutra sesión, rematamos as nosas composicións engadíndolles distinas formas troqueladas: casas, bolboretas, flores....
E así de coloridas nos quedaron!! Premede na foto para ver todas as composicións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario