sábado, 27 de xaneiro de 2018

Os nosos regalos de Nadal- Infantil 4 anos


Ola familias!
Na primeira semana ó voltar das vacacións de Nadal, do que máis falamos, por suposto, foi sobre os nosos regalos e xoguetes que nos trouxeran os Reis magos e Papá Noel.

Levamos a cabo un pequeno traballo que Ángela recopilou nun libro, e nel, cada un de nós debuxaba o regalo que máis lle gustara, escribía o seu nome e tamén escribía unha pequena descripción, as características que recordaba xa que non o tiñamos na aula.



Previamente isto o fixemos de xeito oral, para o resto de compañeiros e tamén buscamos entre todos en google os nosos regalos, escollendo aquel que máis se parecía.



Xa encuadernado cos traballos de todos, o temos gardado no recanto da biblioteca para dispoñer del cando queiramos, observar os debuxos e as fotos dos xoguetes e ademáis traballar un pouquiño a lecto-escritura xa que  podemos xogar a emparellar o nome de cada xoguete coa tarxeta correspondente, que están pegadas en velcro, en letra minúscula e maiúscula.



 Adicamos a cara de adiante, na que aparece a foto e o debuxo á letra maiúscula



  e a cara de atrás, na que describimos o regalo, ás tarxetas con letra minúscula, para quen queira intentalo.


Como éste, temos outros libros na aula, cos que, ademáis de divertirnos, tamén aprendemos!



No seguinte enlace podedes ver cada un dos regalos elixidos por cada neno, co seu debuxo e a súa descripción, que fixeron de xeito autónomo, sen copiar, senón en función da etapa evolutiva de lecto-escritura na que se atopan: uns escribindo con letras que non se corresponden coas palabras que están escribindo, outros con letras do seu nome, outros dándolle correspondencia a cada sílaba coa vocal que soa e a veces coa consoante......



Ningún comentario:

Publicar un comentario