Para a constitución dos equipos, que Ángela decideu por quen estarían formados, nos xuntamos cos compañeiros para falar e tratar de pensar e decidir un nome de equipo.
EQUIPOS: BOB ESPONJA - LEÓNS - DINOSAURIOS - POKEMON
Unha vez decidido o nome, o escribimos e fixemos un debuxo representativo entre todos.
Nalgún equipo, decidiron buscar en google con axuda da profe imaxes representativas que lles axudaran a debuxar o seu e tamén aproveitar para copiar as letras do nome.
E por último noutra sesión en cada folla representativa de equipo, se engadiu o nome con letras móviles.
Cos nosos compañeiros de equipo, a veces xogamos e levamos a cabo propostas individuais nos distintos recantos
Noutras ocasións temos que decidir entre todos con que cores queremos pintar con témpera, no recanto ou no diccionario ou que cor de folio eliximos para facer algún cartel, con que materiais queremos montar construccións...é unha tarefa complicada, non vos pensedes, poñerse dacordo, consensuar, negociar, convencer, frustrarse un pouquiño porque a veces ninguén coincide con nós nos gustos.....
E outras levamos a cabo actividades cooperativas libres nas que a consigna é aportar todos para acadar un resultado final conxunto
E noutras ocasións a proposta é máis dirixida, levando a cabo distintas dinámicas.
Coa dinámaica do folio xiratorio, creamos un debuxo entre todos, aportando un pouquiño cada un (só se pode debuxar unha cousa ou unha parte do todo de cada vez que nos toque) e rotando o folio e as pinturas. Con esta actividade traballamos a espera, a paciencia, a axuda, guiando aos compañeiros que lles custa, o respecto polas súas creación, que non sempre son como a nós nos gustarían pero son igual de válidas así como os distintos roles do equipo, nos que un de nós dirixe dicindo cando debemos de cambiar a outro compañeiro, e ten un axudante e o encargado de que non berremos, e o ou os encargados de material.
Co folio xiratorio por exemplo debuxamos entre todos o esquema corporal dunha persoa.
Ou unha paisaxe para regalar a un compañeiro de clase, composición que está levada a cabo entre os catro equipos, habendo nela aportacións de todos, xa que o ir xirando e pasando o folio todos estamos implicados e todos aportamos.
Este tipo de dinámica así como outras como "pegamentos ó centro", na que traballamos todos xuntos nunha actividade de papel, nos esperamos, nos axudamos cando é preciso, nos axudan ó comezo desta andadura a entender que nas propostas cooperativos todos temos un papel activo, todos podemos aportar, cada un ó seu nivel, e aprendemos a valorarnos os uns ós outros, e a entender que traballando en equipo todo é máis doado e o producto final é fantástico.
Este traballo inicial máis dirixido con este tipo de dinámicas derivará máis adiante noutras propostas cooperativas nas que existe unha autonomía entre os membros do equipo e xa non precisan marcar tempos, facer turnos, sino que hai un diálogo para organizar o traballo e establecer como pode cada quen aportar para levar a cabo a tarefa final.
Trascurridas unhas semanas despois de formar os equipos, fixemos algúns pequenos cambios neles e así quedaron:
LEÓNS
DINOSAURIOS
POKEMON
BOB ESPONJA
Quen sabe cales serán as próximas propostas....nós polo momento imos botándolle imaxinación......
Ningún comentario:
Publicar un comentario